26 de ago. de 2022

AS EIRAS (O ROSAL)

A COMUNIDADE DE MONTES DE AS EIRAS CONVIDA A TODOS OS VECIÑOS

A presentación do Mapa dos Topónimos de As Eiras

Vista parcial de As Eiras (O Rosal)


Infogauda / As Eiras

 A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de As Eiras (O Rosal), convida a todos os veciños á presentación do Mapa dos Topónimos de As Eiras.  

 "Trátase dun traballo feito entre meu fillo e mais eu, coa colaboración da Comunidade de Montes", dixo a Infogauda, a profesora e investigadora, Helena Pousa Ortega.

 O devandito acto terá lugar na Escola-Casa Cultural de As Eiras, o domingo día 28 de agosto, ás 19:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario