26 de ago. de 2022

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará próximamente a nosa vila 

Estará fronte o Centro Cultural, o venres día 9 de setembro, en horario  de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h, e o sábado día 10 de 10:15 ás 15:00h.  




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 No tempo estival a dinámica cotiá muda sensiblemente para moitos cidadáns. É tempo de vacacións, de festas, de praia, de viaxes,... 

 A outra cara da moeda: todas esas actividades lúdicas non están facilitando que as reservas de sangue nos hospitais estén no seu mellor momento. Cecais porque á cidadanía esquece que en Galicia, precízanse cada día unhas 500 doazóns para poder responder ás necesidades sanitarias, derivadas, entre outras, das intervencións cirúrxicas - tanto as programadas como as urxentes -, atención á persoas accidentadas, etc.

 Dese xeito, tamén no verán as unidades móbiles de doazóns de sangue teñen que visitar cada día as localidades galegas, para facilitar aos doantes o xesto solidario de doar sangue e contribuir a salvar vidas.

 A veciñanza de A Guarda e súa contorna poderá achegarse a unidade móbil de doazóns de sangue que próximamente visitará a nosa vila. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro, fronte o Centro Cultural, o venres día 9 de setmbro, en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h, e o sábado día 10 de 10:15 ás 15:00h. 

  Para doar sangue hai que almorzar previamente. Se queremos doar despois de xantar, debemos agardar 2 horas. 

 Non debemos esquecer levar connosco a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, a informar ao médico da unidade móbil, se estamos tomando algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828

Ningún comentario:

Publicar un comentario