5 de ago. de 2022

A GUARDA

O cantante Beret actuará fronte o mar de A Guarda 

O día 17 de agosto ás 22:00h, no porto guardés

Nunha actuación de acceso libre, que forma parte da programación de Concertos do Xacobeo  




Infogauda / A Guarda

 Este verán 2022 irmos ter á oportunidade de ver en directo a Beret. O artista dará un concerto no Portiño Novo, fronte ao mar de A Guarda, o mércores día 17 de agosto, ás 22:00 horas.

 O concerto será de acceso totalmente gratuíto e englóbase dentro da programación de Concertos do Xacobeo 2022. 

 O artista, que mestura pop urbano e reggae, aínda que evita o uso de etiquetas musicais, cativou ás grandes masas co seu tema máis exitoso ata o momento, “Lo siento”.   

 O disco foi certificado cinco veces Platino en España, conseguiu chegar o máis alto das listas de éxitos da radio do noso país e acumula máis de 90 millóns de streams e 300 millóns de visualizacións en YouTube. O artista contabiliza en total máis de mil millóns de reproducións en plataformas dixitais e o seu disco sinxelo foi premiado á Mellor Canción do Ano 2019 nos premios Os 40 Music Awards. Ademais, Beret recibiu o Premio Odeón como Mellor Artista Español do ano.   

 Despois do rotundo éxito conseguido con “Lo siento”, Beret conseguiu manterse na fala da xente grazas a singles como “Me Llama” ou “Te echo de menos” , ata que en 2019 lanzaba o seu altamente anticipado álbum de estudo, Prisma. Con el alcanzou o segundo lugar na lista de álbums físicos durante a súa primeira semana e mantívose na primeira posición da lista de álbums streaming (en galego, transmisión) durante 4 semanas e xa acumula máis de 20 millóns de streams desde o seu lanzamento.  

 Agora mesmo o artista sevillano atópase gravando o seu próximo álbum do cal xa saíron algúns sinxelos entre os cales cabe destacar o seu éxito "Por fa no te vallas" cos colombianos Morat.   

FICHA-RESUMO DA ACTIVIDADE ACTIVIDADE: 

CONCERTO DE BERET. CONCERTOS DO XACOBEO 

LUGAR: PORTO DE A GUARDA 

DATA: 17 DE AGOSTO, mércores 

HORA: 22:00h. 

ORGANIZA: Xacobeo – Xunta de Galicia 

MAIS INFORMACIÓN: uka@esmerarte.com 

SEGUE A BERET NAS REDES:  

Instagram: @beret1996 

Facebook: @Otravezberet 

Twitter: @JavierBeret       

Ningún comentario:

Publicar un comentario