5 de ago. de 2022

A GUARDA

Skeirrum organiza un evento para lanzar o seu primeiro street escape na Guarda  

A participación é gratuíta con premios para os participantes. Solo se necesita un teléfono móbil e altas doses de imaxinación para resolver os enigmas e descubrir curiosidades que esconde a vila guardesa. 


Erea Rodríguez e Cintia Lomba, de Skeirrum

Infogauda / A Guarda

 Skeirrum propón o primeiro escape room (en galego, sala de escape) guardés ao aire libre, que se estrea na Guarda este domingo 7 de agosto, ás 19:00 h, na praza de Avelino Vicente. Para os participantes o reto será facer un percorrido pola vila mentras se divirten e resolven enigmas relacionados coa historia e personaxes da vila. 

 A idea de poñer en marcha Skeirrum naceu ao constatar que existía un importante campo de promoción turística, patrimonial e cultural por explorar. “Démonos conta que hai unha forte desvinculación da poboación xoven coas tradicións, a cultura e o patrimonio”, explican as creadoras do proxecto. 

 O evento está dirixido á poboación máis moza con ganas de enfrontarse aos retos que propoñen as autoras na súa historia. Pódese realizar en familia con nenos sempre que estes estean baixo a supervisión de adultos. Na aventura proposta para esta fin de semana o obxectivo é poñer en valor a historia e o patrimonio da Guarda  a través dunha aventura ao estilo das busquedas do tesouro con probas que hai que resolver. A participación e gratuíta con agasallos para os participantes.  

 Trátase dunha proposta dixital na que se desenvolven estreet escapes, escape rooms ao aire libre, para a que solo se necesita un teléfono móbil para participar. Ofrécese un servizo que funciona a través dunha aplicación web para teléfonos intelixentes á que se accede mediante códigos QR. 

 Esta primeira Street Escape de Skeirrum na Guarda será gratuíta e permanecerá activa durante un tempo para que calquera participante poida realizala cando guste. Para o seu lanzamento as autoras en colaboración co concello e con establecementos da localidade, que ceden premios aos mellores participantes, decidiron organizar un gran evento co obxectivo difundir unha forma direrente de ocio e sobre todo para pasar unha tarde divertida. 

 Os interesados poden participar de forma individual ou en grupos de ata 6 persoas. Para apuntarse poden facelo a través da web www.skeirrum.com na sección de eventos, seleccionando “A Guarda Misteriosa”. Tamén poden informarse de todas as novidades a través das súas redes sociais en @skeirrum

Ningún comentario:

Publicar un comentario