AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA CONVÍDANNOS A DISFRUTAR NA VILA DE A GUARDA
Este sábado día 13 de agosto, ás 11:30 h., desde á Alameda, dará comezo o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras
Desde o día 8 ata ó 15 de agosto, A Guarda celebra por todo o alto ás Festas do Monte Santa Trega 2022. Son, sen lugar a dúbidas, ás máis agardadas por milleiros de persoas que ó longo do resto do ano atópanse fora da súa terra e tamén polas que residen eiquí. E polos motivos que todos/as coñecemos, a edición deste ano ainda máis.
As Festas do Monte Santa Trega - que contan coa decraración de Festas de Interese Turístico Galego -, xeran unha potente sinerxia, non soio no termo municipal de A Guarda, senón en toda á contorna.
Son uns festexos cunha ampla programación, na que teñen cabida actividades culturais, deportivas, festivas, gastronómicas,..., e nas que todo o mundo pode participar, porque hai sitio para todos.
Un dos eventos máis salientables das Festas do Monte Santa Trega é o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras, que terá lugar este sábado día 13 de agosto, a partir das 11:30 horas, desde á Alameda ata o porto pesqueiro.
Desde este xornal dixital transfronteirizo animamos a toda á veciñanza e visitantes da comarca do Baixo Miño a sacar do roupeiro seus traxes rexionais, e desfilar con eles para goce persoal e para ademiración de todos o respectable público, entre o cal haberá centos de visitantes que se achegan ata nosa vila.
BANDA OS PERDIDOS: MEDIO SÉCULO DE HISTORIA
Nesta edición compre salientar que a Banda Os Perdidos cumple
medio século de existencia.
Logo da Banda Negra, a Banda Mau-Mau. e a Banda Roxa, a Banda Os Perdidos é, por orde de antigüidade - se á memoria non nos falla - a cuarta formación das "bandas mariñeiras", de composición moi heteroxénea, xa que seus compoñentes - mulleres e homes de todas ás idades - proceden de diversos barrios das tres parroquias de A Guarda.
Ao igual que as demais formacións, as bandas mariñeiras podemos decir que son as herdeiras das treboadas miñotas que ata os anos 70 do pasado século, eran - ademáis, no seu tempo, do relembrado gaiteiro guardés Serafín Álvarez Cividanes "O Tío Lancha" e seus fillos -. as que puñan as notas musicais na romaría do monte Santa Trega.
A conmemoración dos 50 anos da Banda Os Perdidos, ben pode servir para homenaxear aos membros que por desgraza xa non poden compartir físicamente esta celebración, ainda que nada nin naide poderá evitar, que estén na mente dos seus achegados, familiares, amigos e coñecidos.
Tamén haberá ausencias noutras bandas, entre elas a Banda Negra e a Banda Roxa, polo que seus compoñentes van levar os correspondentes crespóns, en sinal de loito.
O Día Grande das Festas do Monte Santa Trega, é - como acertadamente adoitamos decir os guardeses e veciños dos pobos próximos - "O Domingo do Monte". Nesa xornada festiva milleiros de romeiros, suben ata o cumio do Trega, onde terá lugar o xantar enxebre, a "troulada", o "forrobodó", a "xura",..., e logo a "baixada", ata O Montiño, para a merenda-cea, e a posterior "desfeita".
"O Domingo do Monte", é un cúmulo de
sensacions, de vivencias, de sabores,..., que non se pode descreber con verbas.
Hai que vivilo.
FOGOS DE LUCERÍA
E como todo o que comeza remata, ás Festas do Monte Santa Trega, concluirán
oficialmente o luns día 15, ás 24:00 horas, cunha gran tirada de fogos de
lucería, no porto de A Guarda. Será - se o neboeiro non o impide - un espectáculo que atraerá a moitísimas
persoas de toda á comarca, pois o emprazamento dos morteiros - no contradique de Punta Xenete - non pode ser máis
fermoso. Se todo resulta propicio, será unha noite memorable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario