FESTAS DO MONTE SANTA TREGA
De Interese Turístico
Do 8 ao 15 de agosto de 2022
A Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Alameda vén de facer público o programa das Festas do Monte Santa Trega que terán lugar na vila de A Guarda do 8 ao 15 de agosto de 2022.
No contido do programa inclúense actividades deportivas, culturais, festivas e lúdicas, para todos os públicos.
Ainda que xa o sábado día 6 de agosto, haberá unha actividade - o III Torneo de Petanca Festa do Monte 2022 -, que terá lugar nas pistas do Club de Petanca O Caldeiro, situadas na paraxe de O Codesal (Camposancos); o comezo destas celebracións, que contan coa decraración de Interese Turístico de Galicia, será o luns día 8 de agosto, co pasacalles que pola mañá efectuar´o Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade, de A Guarda.
Posteriormente, ás 20:00 horas, na praza do Reló, actuará o Coro Arpegios Cantabile, e a continuación será pronunciado o pregón, a cargo de membros das Bandas Mariñeiras.
E tralo comezo oficial das Festas do Monte Santa Trega, o epicentro das mesmas será a Alameda da vila, onde ás 22:30 horas dará comezo a primeira verbena amenizada polas orquestras Dimensión e Eureka.
O martes día 9, pola mañá, pasacalles do Grupo de Gaitas A Boalleira, de A Gándara.
Ás 20:30 h., na praza do Reló, festival do Coro Arpegios Cantabile.
Ás 22:30 horas, na Alameda, segunda verbena das festas, amenizada polas orquestras Saudade e Fusión.
A xornada do mércores día 10, comezará cos pasacalles do Grupo de Gaitas Do Lusco ó Fusco e o Grupo Folclórico Tralo Mosteiro, de Oia.
Ás 17:00 horas, Marcha Cicloturista Popular, con saída desde a praza de Avelino Vicente, con dirección ao auditorio de san Bieito, onde se fará un Festival Folclórico.
A Alameda acollerá desde ás 22:30 horas, a terceira verbena, que será amenizada polas orquestras Solara e Fama.
Ás 23:00 h., na praza de Avelino Vicente, Rock ln Fervenza, ata ás 03:00 h. do xoves, coa actuación de The Bo Dereks y Family Folks + sesión DJ.
O xoves día 11, pola mañá, pasacalles do Grupo de Gaitas A Boalleira, de A Gándara.
De 16:00 á 20:00 horas, na praza do Reló, XX Campionato Exhibición de Xadrez ao aire libre. Organiza: Club de Xadrez Albatros.
Ás 19:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña, encontro de fútbol.
Ás 20:30 horas, no auditorio san Bieito, Galicia Ilusiona. Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia.
Ás 21:00 horas, na igrexa parroquial, actuación do Grupo de Acordeóns Mascarenhas.
A Alameda acollerá desde ás 22:30 horas, a cuarta verbena, que será amenizada polas orquestras Pontevedra e Kamelot.
A xornada do venres día 12 comezará cos pasacalles do Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade, de A Guarda e o Grupo Folclórico Tralo Mosteiro, de Oia.
Desde ás 20:00 horas, Música na rúa, coa actuación da Charanda Vaya Panda, desde a praza de Avelino Vicente, praza do Reló e o porto de A Guarda.
A quinta verbena, comezará ás 22:30 h.. na Alameda, coas actuacións da orquestra Sildavia, de Madrid, e o grupo Salvajex.
A xornada do sábado día 13, terá como eixo principal o Desfile Folclórico e das Bandas Mariñeiras, que sairá ás 11:30 horas, desde as inmediacións da Alameda.
Ás 22:30 horas, na Alameda, nova verbena coa orquestra Ritmo e o grupo Bahía, con José Costas e a cantante Sabela.
O domingo día 14, subida das bandas e grupos familiares ao Monte Santa Trega, onde terá lugar a tradicional romaría enxebre.
Ás 21.30 horas, na Alameda, verbena amenizada por dous grupos musicais.
O luns día 15, Día do Neno. Toda a tarde as entradas para as atraccións ao 50%.
Ás 21:00 horas, no auditorio san Bieito, actuación de Dansá Centro de Danza.
Ás 24:00 horas, no porto de A Guarda, gran tirada de fogos de artificio.
FESTA DO PERCEBE
Os días 26,27 e 28, Festa do Percebe, na Alameda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario