O Concello de A Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira
Apoiando a actividade “Navega pola costa da Guarda co volanteiro Piueiro"
Infogauda / A Guarda
A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda, vén de lanzar hai un días o Verán Piueiro onde veciños e visitantes poderán coñecer a exposición “A túa esencia. A Guarda un pobo mariñeiro”, instalada no baixo do inmoble nº 20 - onde estivo o establecemento Decoraciones Bambino - da rúa Concepción Arenal. Ou mesmo aprender a remar coas gameliñas e botes na praia da Ribeira, no porto da vila, cada tarde (16:00 – 19:00h).
Ademais nos meses de xullo e agosto vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co volanteiro Piueiro para aquelas persoas que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais, unha travesía de navegación pola costa de A Guarda.
Estas saídas de navegación comezaron na fin de semana da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, patrocinadas pola Concellería de Turismo, e continuarán tamén no mes de agosto. O Concello de A Guarda colaborará coa xestión das reservas e tamén patrocinará as saídas do mes de agosto.
O número de prazas por saída é limitado polo que é preciso reservar presencialmente na Oficina de Turismo (Praza do Reló) ou chamando ao teléfono 986 614 546.
O prazo de inscrición abrirá o domingo anterior ás saídas desa mesma semana. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Lémbrase que é preciso estar 10 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto).
Este verán as saídas terán unha duración aproximada de 50 minutos.
Os horarios previstos das saídas diarias son 16:00, 17:00, 18:00 e 19:00h, durante as seguintes datas dispoñibles:
Xullo:
• Xoves 14
• Mércores 20
• Venres 22
• Mércores 27
• Sábado 30 (Festa do Peixe Espada, amplíase unha saída máis: 20:00h).
Agosto:
• Xoves 4
• Martes 17
• Sábado 20
• Martes 23
• Venres 26
• Mércores 31
A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro presentou o volanteiro Piueiro en 2019. Trátase dunha embarcación sostible, de gran envergadura, construída íntegramente en madeira. que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.
Nos últimos anos a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación e ten participado na promoción da nosa cultura mariñeira, tamén fora do noso concello. Destacou a presencia do volanteiro Piueiro no “Paisaia Istas Festibala” en maio deste ano. Tras días de navegación pola costa atlántica e cantábrica, o Pueiro e a súa tripulación participaron activamente neste festival de cultura mariñeira no País Vasco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario