25 de nov. de 2026

TUI

Unha placa para recordar ao exalcalde Guillermo Vicente de Santiago e aos membros do Comité de Defensa da República, de Tui 


Guillermo Vicente Santiago, último alcalde republicano de Tui, que morreu nun zulo en 1940
Foto: Cedida

 Fernando Salgado Varela/Tui

 Na orde do día do pleno que celebrará a Corporación municipal de Tui mañá xoves 26 de novembro, figura a aprobación da seguinte proposta da Concellería de Ensino, Cultura e Mocidade: “Render unha homenaxe de recoñecemento e dignificación da memoria do alcalde de Tui, entre o 16 e o 26 de xullo de 1936, Guillermo Vicente deSantiago, así como aos restantes membros do Comité de Defensa da República, establecido  tras o golpe de estado do 18 de xullo de 1936, coa colocación dunha placa conmemorativa na Casa do Concello”. 

 A sesión comezará ás 20.00 horas.  

Guillermo Vicente de Santiago

 Guillermo Vicente de Santiago naceu en Brasil, no ano 1896 e traballou en Arxentina antes de regresar a A Guarda, de onde era orixinario. Nesta localidade exerceu como mestre e colaborou no Heraldo Guardés e no Nuevo Heraldo Guardés, e logo trasladouse a Tui para traballar como dono e director dunha imprenta onde editaba o semanario Tribuna. Militou en Acción Republicana e en Izquierda Republicana, e foi secretario do Centro Republicano de Tui. 

 Foi concelleiro da xunta xestora provisional nomeada tras a implantación la II República e concelleiro da Frente Popular en 1936. O 16 de xullo desde ano foi elixido alcalde, e converteuse no presidente do Comité de Defensa da República. Cando caeu a resistencia botouse ao monte, e tras vagar varios días por distintos lugares, déronlle acollida nunha casa de Torroña, e logo no fogar dun familiar en Pintán, onde permaneceu nun zulo. O 1 de maio de 1940 falecía aos 44 anos, vítima dunha enfermidade.  

 Esta proposta de acordo dalle continuidade á resolución da Alcaldía do 16 de xuño deste ano, en relación cun escrito presentado por Carmen Viera Martínez-Estéllez, que foi lida nun pleno celebrado o 28 de maio. Nel, solicitou "(...) al amparo de la Ley de Memoria Democrática (…) y apelando a la humanidad de toda esta Corporación, que una calle de Tui lleve el nombre de Guillermo Vicente de Santiago". A solicitude foi reformada para incluir a todos os membros do Comité de Defensa da República no recoñecemento institucional. A iniciativa tivo como orixe a publicación do libro titulado Arredor do Ferruxo, no que figura unha reseña sobre Guillermo Vicente Santiago escrita pola súa neta, María Begoña Vicente Sobrino.  

 Quienes hemos tomado parte en esta preciosa historia nos sentimos muy felices. El homenaje del Concello trae a nuestros corazones el recuerdo de la buena gente que creía en un mundo más justo y en una convivencia en paz. ¡Que nadie la rompa! 

(Manuel Vázquez de la Cruz,  O Ferruxo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario