22 de xuño de 2022

TUI

Carme Núñez reelixida por unanimidade candidata ás municipais 2023 en Tui

A asemblea local do BNG en Tui vén de elexir como cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais a Carme Núñez Méndez, actual portavoz municipal da formación




Infogauda / Tui

 Carme Núñez, actual portavoz municipal do BNG en Tui, repetirá como candidata do BNG. O Bloque convértese así na primeira organización política da localidade en decidir oficialmente a vindeira candidata ás eleccións municipais. 

 Xosué Campos, respónsable local, presentou a proposta saída do Consello Local da formación para que a militancia nacionalista votase na Asemblea celebrada o día 8 de xuño na Sala Félix. 

 Alí explicou que a considera “a mellor candidata que pode ter Tui e o BNG: traballadora incansábel, cun proxecto firme e necesario para Tui e coa vontade mellorar cada recuncho de Tui e a vida dos e das tudenses.” 

Carme Núñez Méndez. A nosa candidata

 Veciña de Pexegueiro e médica de familia no Centro de Saúde de Tui, defínese como “a cabeza visíbel dun proxecto cun equipo experimentado que ten unha alternativa para Tui”. 

 Candidata a alcaldía de Tui polo BNG desde o 2015 salientou a súa aposta polo respecto ao medio ambiente -mellorando a recollida selectiva de residuos, o coidado das praias e sendas, etc.-; por reverter o deterioro do patrimonio de Tui; por crear espazos públicos e de calidade de convivencia para a veciñanza; pola posta en valor das parroquias; por garantir a mobilidade dentro do Concello e coas localidades limítrofes, etc. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario