22 de xuño de 2022

DEPORTES

 HOCKEY LIÑA

Fase Final da Liga Galega de Hockey Liña en Vigo

O vindeiro domingo día 26 de xuño, no pavillón de Castrelos




Informa: Miguel Fernández Lomba

 O vindeiro domingo día 26 de xuño viviremos toda a emoción da Fase Final da Liga Galega de Hockey Liña en Vigo, o pavillón de Castrelos acollerá os Playoffs polo título autonómico nas categorías Infantil e Xuvenil. 

 Este evento está organizado polo Federación Galega de Patinaxe e os Clubes Vigo Blue Ringed e A Guarda Hockey Liña. Sobre a pista da cidade olívica os mellores xogadores e xogadoras da disciplina chegados de toda Galicia xogarán o todo polo todo por acadar o título de Campión Galego de Hockey Liña. 

 Os partidos disputaranse durante todo o día a partires das dez da mañá; e isto non é todo, xa que o sábado 9 de xullo a Liga Galega repite ubicación para a disputa dos Playoffs das categorías senior Masculina e Feminina.




Ningún comentario:

Publicar un comentario