Maica Larriba asistiu ao exercicio de seguridade marítima MARSEC-22
O de Tui é o principal escenario deste exercicio marítimo que se desenvolve en todo o territorio nacional
· A subdelegada do Goberno acudiu esta mañá a Tui, onde está a desenvolverse un exercicio de seguridade marítima conducido pola Armada Española
Infogauda / Tui
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, asistiu esta mañá ao exercicio avanzado de seguridade marítima MARSEC-22, conducido pola Armada Española e que tivo lugar nas augas internacionais do Miño. O comandante naval do Miño, Pablo Redondo, acompañou á subdelegada na súa visita ao operativo. Estaban presentes tamén o seu homólogo portugués, Pedro Jorge, e o deputado provincial, Santos Héctor.
O exercicio MARSEC-22 é un exercicio avanzado de seguridade marítima conducido pola Armada España que se está a desenvolver durante esta semana e a que vén no tramo internacional do Río Miño.
O simulacro conta coa participación da Comandancia Naval do Miño, o patrulleiro Cabo Fradera, a unidade de Buceo da Armada, a Axencia Galega de Emerxencias, o grupo 43 do Exército do Aire, o parque comarcal de Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil de Tui, Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Tamén interveñen nestes operativos persoal da Autoridade Marítima portuguesa e da agrupación de Bombeiros Voluntarios de Valença.
Integrantes dos diferentes equipos participaron durante toda a mañá nestas primeiras manobras que recrearon o accidente e afundimento dunha embarcación e a desaparición dos seus ocupantes. Dous deles quedaron atrapados na nave afundida e tiveron que ser rescatados polos submarinistas da Armada española e da Autoridade Marítima portuguesa e os outros catro tripulantes, que saíron despedidos tras a colisión do barco cun tronco, foron arrastrados pola corrente do Persoal técnico de Naturgy participou tamén nos labores de contención e limpeza dos residuos contaminantes vertidos pola embarcación.
O exercicio bilateral no tramo internacional do río Miño ten como finalidade mellorar a coordinación e cooperación entre as distintas administracións e axencias implicadas no mesmo. Durante os próximos días desenvolveranse neste tramo dous exercicios máis: un de loita contra os incendios forestais, no que unha aeronave apagalumes do Exército do Aire cargará auga no río; e outro simulacro de loita contra o narcotráfico, no que participará tamén a Dirección Adxunta de Vixilancia Aduaneira (DAVA), e durante o que se realizará o asalto a unha embarcación sospeitosa de tráfico de substancias ilícitas.
Tal e como destacou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba “o obxectivo principal do operativo é mellorar a coordinación entre as unidades da Armada e os organismos gobernamentais e non gobernamentais con responsabilidade ou relacionados coa Acción do Estado no Mar e a seguridade marítima”.
Así mesmo, Maica Larriba subliñou que este exercicio “non só debe servir como adestramento dos efectivos de salvamento, senón como acción de visibilización e alerta dos perigos asociados a estas augas. É moi importante concienciarse sobre os riscos que ten o río e, sobre todo, terlle moito respecto”.
MARSEC 2021
As Forzas de Acción Marítima (FAM) realizan anualmente unha serie de exercicios denominados MARSEC (Maritime Security) “coa finalizada de fomentar o coñecemento mutuo e a mellora entre os diferentes organismos e axencias implicadas na Acción do Estado no Mar para garantir a preparación e coordinación de ambos países ante eventuais emerxencias”.
No presente ano, o MARSEC desenvólvese en trece escenarios distribuídos por todo o territorio nacional entre os días 9 e 20 de maio. Polo seu carácter fronteirizo, o de Tui é o único escenario internacional e que esixe a implicación de medios estranxeiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario