O Concello saca a licitación a concesión de catro postos nos mercados de Tomiño e Goián
As persoas interesadas terán ata o vindeiro 24 de maio para presentar as súas ofertas
Infogauda / Tomiño
No camiño de continuar dinamizando os mercados
municipais, o Concello vén de sacar a licitación a concesión de uso de catro postos distribuídos nas prazas de abastos dos núcleos
urbanos de Tomiño e de Goián.
Trátanse de tres postos en Tomiño, dous na planta
baixa destinados a actividades de peixaría e tenda de alimentación e un no
primeiro andar de uso alimentario e venda polo miúdo. Pola súa banda, na praza
de abastos de Goián sae a licitación un posto de uso comercial en xeral, tanto
alimentario como non alimentario.
As persoas interesadas poderán presentar as súas
ofertas ata o vindeiro martes 24 de maio no rexistro do concello de Tomiño en
horario de 09.00 a 13.00 horas de luns a venres ou por correo certificado,
anunciando a remisión e a xustificación de data por fax, telefax ou telegrama
no mesmo día do envío.
Coa ocupación destes catro postos o Concello
procura seguir ampliando a oferta a disposición da veciñanza en ambos os dous
mercados, que contan con espazos acolledores, modernos, céntricos e ben
acondicionados para satisfacer as necesidades tanto de praceiros e praceiras
como das propias persoas consumidoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario