11 de maio de 2022

DEPORTES

A Xunta de Galicia lamenta o pasamento de Alfonso Posada e transmite o pésame ao atletismo olívico pola perda dun home 'que foi todo o que se podía ser no deporte'  

Alfonso Posada recibiu da man do presidente da Xunta de Galicia a distinción ao mérito deportivo de Galicia que recoñece ás persoas e institucións que destacan pola súa labor a favor da promoción e o fomento do deporte e a educación física na comunidade autónoma galega 


Infogauda / Vigo

 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, lamentou hoxe o falecemento de Alfonso Posada, “un home que foi todo o que se pode ser no deporte” e que destacou polas súas facetas de atleta, xuíz, adestrador, fundador e presidente do Celta Atletismo e mesmo cronista do atletismo vigués e galego no Faro de Vigo. “A de Alfonso é unha perda irremediable dunha persoa fortemente comprometida con todo o deporte que se facía en Galicia”, a súa vida e o seu traballo foron un legado moi importante para o desenvolvemento do atletismo, en particular, e de todo o tecido deportivo, en xeral.

 Lete Lasa mandou unha mensaxe de ánimo a todo o atletismo olívico e especialmente aos familiares e achegados de Alfonso. En 2013. Alfonso Posada recibiu da man do presidente da Xunta de Galicia a distinción ao mérito deportivo de Galicia que recoñece ás persoas e institucións que destacan pola súa labor a favor da promoción e o fomento do deporte e a educación física na comunidade autónoma galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario