A PEÑA CELTISTA BAIXO MIÑO CONMEMORA SEU XXX ANIVERSARIO (1992-2022)
Cunha exposición no Casino de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Peña Celtista Baixo Miño (1992-2022) está de celebración. Non é para menos, pois 30 anos de traxectoria ben merecen conmemorarse e facelo de xeito que toda á cidadanía sexa partícipe. Por ese motivo, a devandita entidade asociativa organizou unha exposición no Casino de A Guarda, que foi inaugurada o pasado venres, coa participación do alcalde Antonio Lomba Baz; a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez; membros da Corporación Municipal de A Guarda, asociados da Peña Celtista Baixo Miño, seareiros do R. C. Celta de Vigo e veciñanza, en xeral.
Na mostra, que pode visitarse de luns a venres en horario de 19:00 a 22:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas, os visitantes van poder contemplar fotografías, carnets de asociados, carteis, bufandas, camisolas, gorras, libros, carteis, revistas, xornais, trofeos,..., e tamén coleccións filatélicas de temática futbolística.
Nesa exposición colaboran a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.) e o Colexio PP. Somascos, de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario