7 de abr. de 2022

O ROSAL

‘A herdanza’, a quinta longametraxe do Grupo San Roquiño chega ao Rosal 

Este domingo 10 de abril, ás 19.30 horas no auditorio municipal

Entrada de balde e libre, ata completar aforo




Infogauda / O Rosal

 Cine para todos os públicos esta fin de semana no Rosal. O vindeiro domingo 10 de abril, ás 19.30 horas, o auditorio municipal acollerá a proxección de ‘A herdanza’, a última longametraxe - polo de agora - do Grupo San Roquiño, unha película filmada nos anos 2019 e 2020 con moito humor e con máis de 40 actores e actrices en escena. 

 O filme, o quinto do Grupo San Roquiño, conta a historia de tres irmáns cunha inmensa fortuna pero sen descendencia a quen deixala. A trama comeza cando veciños e veciñas tentan axudalos a resolver este problema.  

 San Roquiño é un grupo de veciñas/os de Goián que ten por obxectivo crear proxectos cinematográficos tratando sempre de recompilar a historia da súa contorna para transmitirlla ás novas xeracións. A idea xurde polo ano 2010, cando varios amigos e amigas se xuntan e, entre café e café, deciden facer unha obra teatral que, co tempo, acaba converténdose nunha longametraxe. 

 A entrada é de balde e libre, ata completar aforo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario