Citas para a renovación do DNI
Na Guarda, para o mes de abril
Infogauda / A Guarda
O vindeiro luns día 11 de abril de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita da unidade móbil no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de abril de 2022.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en abril ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán no día indicado, de xeito preferentemente telefónico no 986 610 000 de 9:00 a 14:00h, ou presencialmente na Casa dos Alonso.
A unidade móbil desprazarase á Guarda o 19 de abril e a recollida de documentos terá lugar o 22 de abril.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou de Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario