Andainas A Guarda - Caminha 2022
O próximo luns 11 de abril ábrese o prazo de inscrición
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda e a Câmara Municipal de Caminha organizan a actividade Andainas Primavera 2022 como en edicións precedentes, ainda que as previstas no ano 2020, tiveron que cancelarse coa chegada da pandemia.
Este ano retómase esta actividade na que veciños galegos e portugueses gozaban de espazos naturais e patrimoniais de ambos os dous países.
Nesta primavera organízanse 4 andainas e que terán un custe de 10€ por andaina e persoa e como en edicións anteriores os participantes galegos sairán da explanada da Sangriña en autocar para xustarse co autocar de Caminha.
Os horarios de saída e regreso están pendentes de confirmar.
As prazas son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición para as persoas interesadas a partir do luns 11 de abril. A inscrición realizarase na Oficina de Turismo, da praza do Reló, e priorizarase a inscrición presencial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario