O autocoidado persoal vai a ser a temática do obradoiro “Quérome, cóidome”
Organizado polo Centro de Información á Muller de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha este vindeiro 19 de abril o obradoiro “Quérome, cóidome”, dirixido a mulleres maiores de 55 anos. Trátase dunha actividade de carácter práctico onde as participantes traballarán o autocoidado persoal durante as nove sesións de duración da actividade.
Traballaranse aspectos como o fortalecemento da autoestima, a toma de consciencia da súa valía, necesidades, habilidades e limitacións para afrontar o día a día máis seguras de si mesmas, máis empoderadas. As sesións serán dinámicas e abarcaran o autocoidado emocional, físico e o ocio e o tempo de lecer. Abrirase un espazo para compartir as experiencias e inquedanzas das mulleres traballando a igualdade de xeito transversal.
Os obradoiros serán os martes en A Gándara, de 16:00 a 17:00; Camposancos, de 17:30 a 18:30; e en Salcidos, de 19:00 a 20:00 horas.
Para inscribirse hai que poñerse en contacto co CIM de A Guarda no teléfono 986 614 648 ou no correo muller@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario