7 de abr. de 2022

A GUARDA

A Xunta de Galicia colabora co Concello de A Guarda na mellora das dependencias da Policía Local e no aluguer dun vehículo eco  

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe a obra levada o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas como esta


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, co alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes, na presentación de vehículo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto a bordo do novo vehículo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe o concello de A Guarda

Fotos: X.G.

Infogauda / A Guarda

 A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe o concello de A Guarda ao que o Goberno galego destinou preto de 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de uso público para a reforma e adecuación das dependencias da Policía Local e financiou por aluguer un vehículo Eco para a mobilidade sustentable que vai ser empregado pola Policía Local.

 Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou unha axuda para levar a cabo a reforma e adecuación a norma das dependencias da Policía Local e con esta reforma preténdese a renovación das instalacións, mellorando a zona de atención o público, vestiarios e aseos así como creando un novo espazo para oficinas e sala de xuntas.

 Ademais, o concello solicitou tamén a axuda para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de aluguer, con destino aos corpos de Policía Local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental, contando cun novo vehículo para a unidade medioambiental da Policía Local con distintivo ambiental cero emisións ou Eco.

 A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para levar a cabo iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía e incidiu no compromiso do Goberno galego por manter o apoio que precisan os concellos con actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

 Nesta liña, indicou que este concello recibiu nos últimos anos preto de 1,4 millóns de euros para a rehabilitación de edificio para sede do concello, instalación acometida subterránea para compactadora no punto limpo, adaptación das instalacións existentes en baixa tensión e instalacións de fontanería no pavillón de deportes, e mellora da calidade da prestación dos servizos públicos nas dependencias municipais do concello de A Guarda, entre outras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario