A Guarda volve a celebrar a Semana Santa
E as tradicionais Festas de Pascua
Infogauda / A Guarda
Tras dous anos de restricións por causa da pandemia. A Guarda volverá a celebrar a Semana Santa con certa normalidade retomando a programación e os eventos relixiosos.
A Oficina de Turismo da Guarda situada na praza do Reló abrirá do luns 11 ao sábado 16 de abril cun horario más amplo. De 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.00h. Para calquera dúbida tamén pódese contactar no teléfono 986 614 546 ou en turismo@aguarda.es
VISITAS GUIADAS AO MONTE SANTA TREGA
Nesta Semana Santa retómanse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, e ante as consultas recibidas aumentáronse os días ofertados. Polo que do martes 12 ao domingo 17 de abril poderase coñecer en detalle o xacemento castrexo máis destacado de Galicia en tres quendas cada día: 12:00 / 18:00 e 19:00. As visitas guiadas son gratuítas pero precisan inscrición previa no teléfono 690 017 038 ou en masat@aguarda.es. O punto de comezo é a explanada da casa forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.
En canto aos horarios da Rede de Museos de A Guarda:
• MASAT - MUSEO ARQUEOLÓXICO DO MONTE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)
• MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
• FORTALEZA DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00
ACTOS DE SEMANA SANTA
A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente mañá, 8 de abril, coa celebración da procesión do «Venres de Dor», a partir das 21:00 horas dende a igrexa parroquial de Santa María.
Outros actos relixiosos destacados son as procesións e a tradicional bendición de ramos e palmas o 10 de abril (Domingo de Ramos), ás 11:00 horas, na praza de San Bieito.
O Xoves Santo virá marcado pola «Procesión dos Pasos», con saída ás 20:30 horas dende a igrexa parroquial de Santa María.
O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a «Procesión do Encontro» (11:00 h) e a «Procesión do Santo Enterro» (20:30 h).
FESTAS DA PASCUA EN BUXÁN
A Guarda tamén retoma as Festas da Pascua de Buxán que darán comezo este sábado, 9 de abril, ás 22:00 horas, coa celebración do «Serán de Buxán».
A festa continuará o vindeiro sábado, 16 de abril, ás 11:00h para nenos e ás 16:00h para adultos, cos tradicionais xogos populares e a posterior verbena, ás 23:00 h., amenizada polo Trío La Noche e o Grupo América.
Na xornada do 17 de abril, Domingo de Pascua, a partir das 11:00h poderase desgustar pratos locais como a zorza e callos amenizado co grupo de gaitas Airiños do Folón.
A tarde está reservada para a tradicional Festa do Biscoito con inchables para nenos/as e ás 19:30 horas, o peche será cargo do grupo folck Zurrumalla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario