O Rosal dá luz verde á ordenanza que regulará as axudas de emerxencia social
Será aprobada en sesión plenaria este xoves 31 de marzo (20.30 h) no salón de plenos. Deste xeito, o Concello continúa dando pasos para mellorar a área de Benestar Social de forma transversal
Infogauda / O Rosal
O Concello
do Rosal aprobará a ordenanza que regulará a concesión de axudas de emerxencia
social, coa que se busca establecer unha serie de criterios obxectivos para a
concesión de prestacións municipais para persoas ou unidades familiares en risco
de exclusión social no concello. “Deste xeito iniciamos un camiño de
transformación na área de Benestar Social, unha área que entendemos que debe
ser transversal para atender ás necesidades sociais dos rosaleiros e rosaleiras
que o precisen”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A
ordenanza será aprobada na sesión plenaria que se celebrará este xoves 31 de
marzo ás 20.30 horas no salón de plenos do Concello. O obxectivo deste
regulamento será establecer de xeito obxectivo un conxunto de dereitos e
recursos de carácter municipal específicos “para dar unha resposta rápida e
inmediata ás necesidades das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha
situación de carencia urxente para que poidan evolucionar cara á súa autonomía
e integración social”.
Trátase
de axudas temporais para paliar necesidades extraordinarias e urxentes de
persoas afectadas por unha situación de carácter urxente, transitorio e puntual
que terán que estar necesariamente enmarcadas nun proceso de intervención
social no que se inclúa unha análise completa da situación familiar. A
ordenanza establece os criterios para prestacións económicas para a cobertura
de necesidades básicas xerais, como manutención ou cobertura de gastos
socio-sanitarios e farmacéuticos, ou relacionadas coa vivenda ou o fomento do
dereito á educación e da inserción socio-laboral.
“Para
o Concello aprobar esta ordenanza é algo positivo e de vital importancia para
axeitar as axudas e prestacións á realidade que viven as familias rosaleiras,
unha realidade que vimos como nos dous últimos anos cambiaban e daban paso a
novas necesidades para as que temos que estar preparadas e preparados dende a
área de Benestar Social”, recalca a rexedora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario