O Rosal prepárase para a Semana Santa
O Concello abrirá a oficina de turismo na Centro de Interpretación dos Oficios, no edificio da Cámara Agraria, e organizará visitas guiadas ao Museo do Cabaqueiro e unha saída aos muíños do Folón e do Picón
Infogauda / O Rosal
O
Rosal prepárase para unha Semana Santa de ocio e lecer para rosaleiras e
rosaleiros e tamén para visitantes. O Concello abrirá durante esas datas a oficina de turismo no Centro de Interpretación dos Oficios do Rosal,
situada no edificio da Cámara Agraria, unha medida coa que ademais de poder
coñecer información turística do municipio as persoas interesadas poderán
visitar tamén o Museo do Cabaqueiro. “É unha forma de renderlle homenaxe e
achegarse a un oficio moi duro pero no que os nosos veciños tiñan unha gran
destreza e mestría”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A
oficina abrirá as súas portas dende o 10 ata o 17 de abril, agás o sábado 16
que permanecerá pechado. Durante todos estes días as persoas interesadas
poderán visitar este centro etnográfico de xeito individual ou participar nas
visitas guiadas á exposición que se farán cada día ás 11.30 e ás 17.30 horas e
que terán uns 30 minutos de duración. Estas visitas serán totalmente de balde e
as persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a visitasguiadas@orosal.gal.
O
horario de apertura da oficina de turismo variará segundo o día. O domingo 10
estará aberta ao público de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas; o luns 11 e
martes 12 abrirá en quenda de mañá de 11.00 a 14.00 h; o mércores 13 e xoves 14
todo o día en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas; o venres 15
abrirá pola tarde de 17.00 a 19.00 horas e o domingo 17 de 11.00 a 14.00 horas.
Para
coñecer a contorna natural do Rosal, o Concello organizará ademais o vindeiro
15 de abril unha visita guiada aos muíños do Folón e do Picón, na que se
afondará na descrición e historia destas construcións emblemáticas. A saída
será ás 11.30 horas dende a área de descanso dos muíños do Folón, terá unha
duración aproximada de 2 horas e haberá un máximo de 15 prazas. A visita será
da man dunha guía especializada acreditada pola Xunta e recoméndase levar
calzado cómodo e unha botella de auga para o percorrido.
As
persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse a través
do correo visitasguiadas@orosal.gal ou de forma presencial na oficina de turismo en
horario de apertura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario