24 de mar. de 2022

A GUARDA

Solaina presenta en A Guarda o seu primeiro libro ilustrado adicado ao público infantil “DEDAS”   

O sábado 2 de abril ás 12:00h,  na Biblioteca Municipal de A Guarda, terá lugar a presentación e contacontos do libro DEDAS 

 



Infogauda / A Guarda

 DEDAS é un conto ilustrado de 64 páxinas onde agroma a poesía en cada liña. Un libro evolutivo  para nenos e nenas de 1 a 6 anos. 

 Trátase dunha historia fermosa na que se xoga coas repeticións para darlle musicalidade e na busca continua dun uso didáctico, as pequenas e pequenos aprenden a contar cales son os días da semana, os meses do ano... todo nunha liña de xogo con sorpresa, e acompañado por linguaxe de signos.  


O Contacontos do día 2 estará impartido polas autoras do libro

 O Contacontos do día 2 estará impartido polas autoras do libro: Soledad García, nos textos; Laine Villero, a cargo das ilustracións; e Natalia Guisande, como deseñadora. As tres artistas conforman o proxecto Solaina, unha fusión de arte: palabras, pintura e deseño.   

 Para acudir á esta actividade é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986 611 850, en horario de 16 a 21h.


Exemplares do libro DEDAS

 O Contacontos Dedas xa se representou nos Concellos de Nigrán, Baiona, Gondomar, O Rosal e o Centro Comercial A Ramallosa. Agora chega ata a Guarda para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. Esta actividade, ademais de conmemorar esta efeméride constitúe o arranque da programación en torno ao Mes do Libro no Concello de A Guarda, que agrupará ao logo do mes diferentes actividades en torno ao libro e á literatura.            

Ningún comentario:

Publicar un comentario