A Xunta de galicia reforza o impulso da literatura galega no exterior coa incorporación de cinco novos autores ao portal especializado Pórtico of Galician Literature
En virtude do acordo con esta publicación que conta con usuarios procedentes de máis de 130 países, véñense de incluír obras dos escritores Xesús Fraga, Santiago Lopo, Lito Vila Baleato, Luísa Villalta e An Alfaya
En total son xa 50 os autores galegos dos que está dispoñible a súa obra e enmárcase no compromiso do Goberno autonómico por internacionalizar a cultura galega
Infogauda / Santiago de Compostela
Medio cento autores
De Estados Unidos á India
A páxina web do catálogo Portico of Galician Literature ten, desde a súa posta en marcha en 2012, 17.544 usuarios novos procedentes de 131 países, sendo os que achegan máis visitas Estados Unidos, Reino Unido, España, Corea do Sur, Brasil, Francia, Irlanda, Canadá e India. Tamén se recibiron consultas de países como Eslovenia, Nepal, Kenia, Macedonia do Norte, O Salvador, Islandia, Finlandia.
A Xunta mantén unha colaboración estable con este portal, que serve para dar a coñecer o mellor da literatura galega contemporánea e como punto de referencia nas feiras internacionais. Ofrece unha listaxe de todos os títulos da literatura galega que saíron editados en inglés, con enlaces ás páxinas web das editoriais. Asemade conta cunha breve historia da literatura galega e información sobre dereitos de autor e axudas á tradución.
Iniciativas á tradución
Esta colaboración está na liña do traballo do Goberno autonómico por ampliar mercados da literatura galega e difundir a nosa cultura no exterior. Neste eido, a Consellería de Cultura Educación e Universidade convoca cada ano axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas en galego e á tradución para o galego de obras publicadas noutras linguas, así como para a súa edición. Trátase dunha subvención á que se destinan 200.000 euros.
Tamén están en marcha iniciativas como o programa de residencias literarias para tradutores da Xunta. O poeta, editor e tradutor letón Arvis Viguls vén de resultar gañador da segunda edición da bolsa e traducirá unha obra do poeta galego Gonzalo Hermo. Isto suporá contar coa primeira tradución da obra dun poeta galego en letón. Colle o relevo da profesora estadounidense Kathleen March, unha das máis prestixiosas investigadoras e divulgadoras da literatura galega nos Estados Unidos e experta nos estudos sobre Rosalía de Castro, que recibiu esta bolsa o ano pasado e traduciu obras de Marica Campo e Enma Pedreira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario