30 de mar. de 2022

A GUARDA

Presentación da programación do Mes do Libro e inauguración da exposición de libros do Principiño

O venres día 1 de abril, ás 19:00 horas, na Casa dos Alonso




 Infogauda / A Guarda 

 O concello de A Guarda vén de facer público que o vindeiro venres día 1 de abril ás 19:00 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló, nº 1), realizarase  a presentación da programación do Mes do Libro e a inauguración da exposición de libros do Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry (1900-1944). 

 O acto contará coa participación de Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura e representantes das librerías da vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario