24 de mar. de 2022

A GUARDA

ROBERTO  JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO E OS POPULARES DA GUARDA CONSEGUEN UNHA CONEXIÓN FLUVIAL E TURÍSTICA CAMINHA-A GUARDA 

A sociedade guardesa viña demandando un transporte fluvial de continuidade entre A Guarda e Caminha unindo ambas as ribeiras do Miño para posibilitar tanto a o roteiro do Camiño de Santiago Portugúes pola Costa como a conexión social de ambos os dous países


Roberto José Álvarez Carrero, portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda, no embarcadoiro de A Pasaxe (Camposancos) fronte a Caminha

Infogauda / A Guarda

 Este xoves, 24 de marzo de 2022, recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, un comunicado que dí o seguinte.

 “Tivo que ser Roberto José Álvarez Carrero, portavoz dos populares da Guarda, despois de múltiples reunións mantidas con operadores turísticos e coa Xunta de Galicia, quen xestionase e conseguido a cesión e financiamento para un transporte fluvial entre Camposancos (A Guarda) e Caminha que dea cobertura tanto ao roteiro do Camiño de Santiago como á conexión social de ambos os países.  

 Esta conexión é totalmente compatible co ferry- boat Camposancos-Caminha, tendo en conta que se xestionou tamén desde o PP da Guarda o inicio do estudo técnico e reparación do pantalán de atracada do ferry-boat. 

 As conexións, que se pretenden iniciar en Semana Santa do presente ano, e unha vez asinados diversos convenios coas administracións, é un proxecto ecoturístico e sostible con servizo transbordador de peregrinos e persoas, turismo  naútico variado e base en terra de  mobilidad eléctrica para desprazamentos. 

 Articúlase en dúas fases. Unha primeira, como servizo provisional con dúas embarcacións, con capacidade para 2 patróns + 14 persoas e finalización o 30/06/2022; e, a continuación, sen deixar de prestar a conexión, unha segunda fase, como servizo definitivo cunha embarcación específica con maior capacidade. Nesta segunda fase preténdense realizar roteiros turísticos  ornitolóxicos (ZEPA), marítimas, roteiros en bicicletas, colaboración con establecementos hostaleiros da comarca, etc. 

 O servizo dirixirao  AGÁN (Asociación  Galega de Actividades Náuticas) que conta con ampla experiencia no sector náutico e turístico. O anuncio oficial por parte da Xunta de Galicia será inmediato

 En palabras de Roberto José Álvarez Carrero, portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda: “Esta xestión podíaa realizar o Sr. Alcalde se tivese iniciativa ou Anxo Lois se tivese capacidade. Consistía en presentar un proxecto viable e acudir ás administracións públicas para tratar de conseguir financiamento. Indignoume saber que, operadores turísticos cos que mantivemos reunións, presentaron proxectos similares no pasado a Antonio Lomba e ao grupo de goberno e, aínda hoxe, están a esperar resposta... Lamentable!... Estou farto de que Antonio Lomba, Montserrat Magallanes,  Anxo Lois, etc., como sabemos socios de goberno na Guarda, actúen sempre igual: protestas sen solución por incapacidade, botar a culpa da súa falta de  gestion á  administración autonómica, a Roberto José Álvarez Carrero, ou ao PP da Guarda para levantar cortinas de fume que tapen as súas carencias. Nós estamos por encima do sectarismo e trabas dos socios do goberno guardés”. 

 E os populares da Guarda conclúen asegurando: “O PP da Guarda conseguiu a adxudicación dun CIS para tratar de paliar deficiencias sanitarias, obras de reparación para escolas públicas, investimentos, realiza demandas de rebaixas en impostos, etc. Sempre apoiaremos calquera  iniciativa que sexa positiva para a nosa vila”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario