29 de mar. de 2022

A GUARDA

O BNG DA GUARDA CHAMA A MOBILIZARSE CONTRA A SUBA DOS PREZOS”   

Anxo Lois Baz (portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda): “Non pode ser que os intereses das eléctricas pesen máis que as necesidades das familias e das clases traballadoras”  


Anxo Lois Baz Vicente,  portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O pleno do Concello da Guarda vén de aprobar a  proposta do BNG, coa abstención do grupo de goberno do PSOE, unha serie de medidas que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas.  

 As persoas que cobran o mesmo salario que hai un ano, pagan moito máis cara a electricidade, os carburantes,a bombona do butano, a cesta da compra e o aluguer.  

 O prezo da electricidade, dende  decembro de 2020 multiplicouse por dez. Mentres moitas familias non poden pagar a luz ou a calefacción, as tres grandes eléctricas superaron  no 2021 os  6.500 millóns de euros de beneficios. Non pode ser que os intereses das eléctricas pesen máis que as necesidades das familias e das clases traballadoras”, salientou Anxo Lois Baz Vicente,  portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda. 




 Aumentaron moito tamén os prezos dos combustíbeis, supoñendo un grave problema para as persoas que non poden desprazarse en transporte público (moi deficitario no noso país) e para os sectores profesionais que o precisan. Subiu tamén o prezo dos produtos básicos de alimentación (aceite, carne, peixe, froita, pan, ovos) da bombona, do gas, dos alugueiros,...”, afirma Anxo Lois Baz.  

 Por estes motivos, o BNG da Guarda anima a cidadanía a participar na manifestación do vindeiro día 3 en Santiago de Compostela en contra da suba xeneralizada dos prezos”. 

 Dende A Guarda, sairán autobuses para desprazarse a esta mobilización. Reserva de prazas  no teléfono 618 233 826

Ningún comentario:

Publicar un comentario