20 de dec. de 2021

TOMIÑO

Tomiño axuda a un centenar de familias a pasar un mellor Nadal  

O goberno local aprobou axudas por valor de 6.560 euros para usar na compra de alimentos e agasallos    


Casa do Concello de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O goberno de Tomiño vén de aprobar varias medidas destinadas a axudar a pasar as festas de Nadal en mellores condicións ás familias que o precisan.  

 Por unha parte, repartiranse “Paquetes de Nadal” a 32 familias (88 persoas) cun investimento total de 3.560 euros. Con estes paquetes, cada familia poderá realizar as súas compras de Nadal en comercios locais, de xeito de apoiar ao mesmo tempo ás casas comerciais da vila. 

 Por outra banda, repartiranse axudas para adquirir “Agasallos de Nadal”, das que se beneficiarán 30 familias (50 persoas). A partida total para estes 30 paquetes ascende a 1.600 euros.  

 “Deste xeito, tentamos contribuír a que as familias de Tomiño con menos recursos, poidan gozar tamén dunhas festas de Nadal dignas, nas que non falten nin a comida nin os agasallos, sobre todo, para os nenas e nenos, que son os que máis as desfrutan”, explica a concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez. 

 Por outra banda, aprobáronse tamén axudas para a compra de material escolar, das que se beneficiarán tamén 30 familias (47 escolares concretamente), cunha partida total de 3.000 euros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario