14 de dec. de 2021

O ROSAL

A MACROCESTA DE 25.000 EUROS DE O ROSAL SORTÉASE ESTE VENRES

A rifa, que ten un custo de 5€, pódese adquirir P  presencialmente en Skape 30 (rúa Pascuala, nº 1, O Rosal) só ata este xoves 16 de decembro ás 0:00 horas ou ben por bizum ou whatsapp ao número 697 492 328


No centro da imaxe, Gabriel Marcelli Carballido, campión do Mundo de TR2, flanqueado por Celia Carrera e Dani Rodríguez, xerentes do local rosaleiro e promotores desta singular iniciativa regulada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia


Informa (fotos e redacción) Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal

 Este venres 17 de decembro sortearase por fin a “Macrocesta de Nadal 2021” de O Rosal (Pontevedra), valorada en máis de 25.000 € e que organiza a cafetería Skape 30 coa colaboración do club Moteiros do Baixo Miño e Celtamotor BMW Motorrad de Vigo. 

 Trátase da terceira edición da rifa dun espectacular lote de artigos de primeira calidade, sempre con produtos adquiridos no propio comercio local baixomiñoto coa guinda engadida este ano dunha fantástica motocicleta BMW 1000 cc, RR versión 2022.  


Membros de Moteiros do Baixo Miño, Celtamotor e Skape 30 en Vigo

 O gañador se corresponderá co boleto que conteña as cinco cifras do primeiro premio do sorteo do Cuponazo da ONCE do día 17 de decembro de 2021 que se celebra ás 21:25 horas.


Dani Rodríguez e Celia Carrera, xerentes da cafetería Skape 30

 Dani Rodríguez e Celia Carrera, xerentes do local rosaleiro e promotores desta singular iniciativa regulada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, afirman que esta cesta “podemos dicir que aínda que comezamos en 2016 xa é un clásico de Nadal na zona sur de Galicia. Aos nosos clientes e a xente en xeral encantoulles a idea e animáronnos este ano a dar un salto cuantitativo e pasar dos 4.000 aos 25.000 euros en premios”. 

 “Menos a BMW que vén de Vigo, todos os produtos que forman a Macrocesta comprámolos nos locais dos nosos veciños de O Rosal e A Guarda. Gústanos fomentar o pequeno comercio de cercanía e estamos moi satisfeitos con tan boa acollida. Desexamos moita sorte a todos os participantes”, recalcan desde Skape 30. 


A macrocesta está valorada en 25.000 euros


 A Macrocesta contén, entre outros artigos, unha TV de 55", unha secadora, unha Play Station 4 Pro, un ordenador portátil I3, un xamón, unha cesta de produtos típicos da zona, 300 € en rascas da ONCE, 10 décimos de Lotería Nacional de Nadal, 10 décimos de Lotería de Nadal da ONCE e un cambio de rodas de ata 300 € en MGV Automoción.

 Rodríguez e Carrera queren agradecer a todas aquelas persoas, entidades e aínda medios de comunicación “que teñen colaborado dunha ou doutra maneira coa promoción e visibilidade desta Macrocesta”. Recoñecemento, en especial, dende a súa sede do Club de Fans Skape 30, para o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, campión do Mundo de TR2, flamante fichaxe do Repsol Honda Team de Trial, que será o novo compañeiro do mellor da historia, Toni Bou.  

 Lembrar que a rifa, que ten un custo de 5€, pódese adquirir presencialmente en Skape 30 (rúa Pascuala, nº 1, O Rosal) só ata este xoves 16 de decembro ás 0:00 horas ou ben por bizum ou whatsapp ao número 697 492 328 (envíase a participación por foto e queda en rexistro).   

Ningún comentario:

Publicar un comentario