12 de dec. de 2021

O ROSAL

IV HOMENAXE POLA MEMORIA DO BAIXO MIÑO

Sábado 18 de decembro, ás 12:00 h., na Alameda de San Miguel



 Informa: Asociación Cultural Xuliva

  Despois de ter que cancelar a homenaxe do ano pasado pola Covid, este ano voltamos con máis folgos e máis forza, homenaxeando a José Cardoso Martínez, "O barbeiro de Tabagón", nacido en San Miguel de Tabagón en 1904 e asasinado mediante o "paseo" ás aforas de Goián o 5 de agosto de 1936. Foi o primeiro asasinado da zona.  

 A homenaxe será o próximo sábado 18 de decembro ás 12h na Alameda de San Miguel, coorganizada polo C.S. Fuscalho, a A.C. Carballas e a A.C. Xuliva, e na que contaremos coas intervencións de:  

· Carlos Méixome, escritor e historiador especializado na represión franquista 

· Marisa Guerra, poeta local 

· Marcos Pérez, bisneto de José Cardoso 

· Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal 

· Moncho Leal, activista pola memoria histórica 

· Lara Villaverde, cantautora tomiñesa  

 Ao remate haberá un xantar de confraternización nas Brasas, aberto a todo o mundo, baixo reserva a través do 605 789 915.  

 Agradécese a máxima difusión posíbel. 

 Non esquezamos o pasado, para termos futuro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario