16 de dec. de 2021

DEPORTES

 Sede de Liga Galega de Hockey Liña en Vigo  

O vindeiro domingo día 19 de decembro no pavillón Monte da Mina

Organiza: A Guarda Hockey Liña


Informa: A Guarda Hockey Liña

 O vindeiro domingo día 19 de decembro celebrarase no pavillón Monte da Mina, de Vigo, a segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña, en categoría masculina, con partidos correspondentes ás xornadas 3 e 4. 

 O equipo guardés A Guarda Hockey Liña, que comanda a clasificación, enfontarase os lucenses Lóstregos e Galaicos, que ocupan respectivamente a segunda e terceira praza da clasificación, polo que se xogarán boa parte das súas aspiracións ligueiras da presente campaña.  

 Haberá partidos de xeito ininterrompido dende ás nove e media da mañá ata as nove da noite na que promete ser unha xornada de hockey liña do máis emocionante. A entrada é de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario