15 de dec. de 2021

A GUARDA

A Praza de Abastos de A Guarda luce a súa decoración do Nadal 

• No primeiro andar atopase un fermoso belén con figuras en movemento 




Artístico belén que está instalado na Praza de Abastos de A Guarda
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 Dende fai uns días a Praza de Abastos de A Guarda engalanouse para entrar nestas datas festivas do Nadal.  

 Os praceiros e praceiras participaron nun obradoiro de decoración, grazas ao que artellaron a ornamentación do Nadal destas dependencias.

  


Dúas mostras de detalles da ornamentación de Nadal feitos polos praceiros/as 

 

 Ademais desta decoración realizada polos praceiros e praceiras da Praza de Abastos da vila guardesa, no primeiro andar atópase un fermoso belén realizado por tres persoas “anónimas” - no sentido de non querer figurar - pero moi coñecidas por todos os guardeses e guardesas e que teñen costume de realizar este tipo de beléns nas datas do Nadal.  

 Un belén no que non faltan detalles, tentando recrear unha aldea galega típica, coa súa praza, o concello, a súa igrexa, os seus oficios, festexos, etc.  

 Todas as edificacións deste belén foron feitas a man e conta con numerosos elementos e figuras en movemento, cambio de iluminación recreando o día e a noite, alimentado de xeito totalmente sostible, mediante unha pila caseira de auga e sal.  

 O belén súmase ás actividades e accións da programación do Nadal na Guarda e pódese visitar en horario de apertura da Praza de Abastos, de 9:00h a 14:00h.  

 Dende o Concello de A Guarda agradecen o traballo desinteresado dos praceiros e praceiras que participaron na decoración deste entorno, así como o das tres persoas “anónimas” que, co seu bo facer, achégannos o espírito do Nadal mediante un fermoso nacemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario