14 de dec. de 2021

A GUARDA

O BAIXO-MIÑO ÚNESE CONTRA O DETERIORO DA SANIDADE PÚBLICA  

As plataformas en defensa da sanidade pública de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño convocan unha manifestación o día 21 de decembro na Guarda  




Plataformas en defensa da sanidade pública de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño

 

 O  deterioro galopante  da atención primaria nos Centros de Saúde de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño cunha carencia absoluta de profesionais  está transformando os Centros de Saúde  en centros de urxencias onde as consultas ordinarias quedan relegadas ou  sofren esperas moi prolongadas.  

 Esta é a razón polo que As Plataformas en Defensa da Sanidade pública  de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño convocan a veciñanza do Baixo-Miño para dar unha resposta contundente ao desmantelamento da atención primaria na comarca o día 21 de decembro ás 19,30 horas.  

 O que está a suceder na Atención Primaria é froito  da política sanitaria exercida durante os últimos 10 anos pola Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza  que se concretou en: 

· Contratos de traballadores e traballadoras en precario, que fomentou a marcha de profesionais a outros territorios e a privada.  

· Recortes nos orzamentos destinados á atención primaria. Para o ano 2022 recórtanse novamente 2 millóns de €. 

· Negativa continuada por parte da Xunta de Galiza  a incorporar novos profesionais á atención primaria para garantir unha atención sanitaria integral.  

 Agora somos  a poboación e as/os profesionais  quen sofremos  as graves consecuencias desta situación, cun goberno galego que segue sen escoitar, e sen tomar medidas efectivas para modificar esta situación. 

 Non podemos consentir esta degradación progresiva do servizo de saúde, vainos a vida nisto. Por iso dende as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública  pedímoslle a toda a veciñanza  do Baixo Miño que o próximo día 21 saiamos  manifestarnos para dar unha resposta proporcional a agresión que estamos padecendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario