14 de dec. de 2021

A GUARDA

A programación do Nadal continúa na Guarda con actuacións, obradoiros e concertos  

• O xoves 16 Concerto de Nadal do Conservatorio; o venres 17 actuación de “Los muñecos de la tele” e un obradoiro de nadal; o sábado 18 Concerto Cantos de nadal; e o domingo 19 Concerto de panxoliñas 

• O domingo 19 celebrarase a conmemoración do centenario do fonte - lavadoiro da Cal 

 


Infogauda / A Guarda

 A programación do Nadal 2021 continúa na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con actuacións infantís, obradoiros e concertos.   




 Na xornada do xoves día 16 de decembro,  a partires das 20:00h, o Centro Cultural de A Guarda acollerá o tradicional Concerto de Nadal dos grupos de corda do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda. Trátase dun concerto que sempre enche de ilusión aos músicos mozos guardeses e ao que acoden os seus familiares para presenciar os avances realizados na súa formación musical. De feito, en virtude do protocolo de prevención pola COVID-19 este ano o aforo está reservado só a familiares.  




 O venres día 17 de decembro ás 17:30h terá lugar o espectáculo infantil “Los Muñecos de la tele”, unha actividade organizada pola Asociación Studio 88 en colaboración co Concello de A Guarda. É preciso reservar entradas previamente no teléfono 606 540 673.  




 Tamén este venres ás 18:30h a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda acollerá o obradoiro “Reutilizando Abelorios”. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do correo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión 7. 




 Xa na xornada do sábado día 18 de decembro, ás 12:00h,  a Praza de Avelino Vicente acollerá o evento musical Cantos de Nadal, coa participación dos grupos de pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Do Lusco ó Fusco. 


  Fonte da Cal, no barrio da Cruzada (A Guarda)
Foto: Mariano Jiménez Hueto
Fonte-lavadoiro da Cal, no barrio da Cruzada (A Guarda) 
Foto: Arquivo: C.A.G.


 Para rematar a semana, na xornada do domingo día 19 de decembro ás 12:30h realizarase o acto de conmemoración do centenario da fonte-lavadoiro da Cal, que contará con actuacións musicais e que terá lugar fronte ao propio lavadoiro. 


O tradicional Concerto de Panxoliñas voltará neste Nadal

 Pechando a xornada ás 17:30h a Igrexa Parroquial de Santa María acollerá o tradicional Concerto de Panxoliñas, organizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda en colaboración co Concello de A Guarda. Nese tradicional evento  ademais da coral anfitrioa, actuarán a Coral do Club da Terceira Idade, o Grupo Antorcha e o Coro Cantabile.  




 Ademais o venres 17 e o sábado 18 todas as persoas que visiten a Praza de Abastos poderán ver,  en horario de mañá, os postos de artigos e produtos da Mostra Creativa de Nadal. Trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias. Na Mostra participan 8 creadores, artesás, deseñadores e marcas do Baixo Miño. 

AXENDA DE NADAL

XOVES 16 DE DECEMBRO

20:00h Centro Cultural

CONCERTO DO CONSERVATORIO

VENRES 17 DE DECEMBRO

9:00h – 14:00h Praza de Abastos

Mostra Creativa de Nadal

17:30h Centro Cultural

Actuación infantil “Los Muñecos de la Tele”

Reserva de prazas no 606 540 673.

18:30h Casa dos Alonso

Obradoiro “Reutilizando Abelorios”

Inscrición previa en OMIX

SÁBADO 18 DE DECEMBRO

9:00h – 14:00h Praza de Abastos

Mostra Creativa de Nadal

12:00h Praza Avelino Vicente

CANTOS DE NADAL

Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco

DOMINGO 19 DE DECEMBRO

12:30 Fonte da Cal

Conmemoración centenario da fonte-lavadoiro da Cal

17:30h Igrexa Parroquial

CONCERTO DE PANXOLIÑAS

Coa participación de Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile

Organiza: Agrupación Coral Polifónica de A Guarda

 MARTES 21 DE DECEMBRO

18:00h Praza do Reló

Concerto de nadal de vento e coro dos alumnos do conservatorio

*En caso de choiva se suspende

DO 22 AO 24 DE DECEMBRO

ELFOS DE NADAL polas rúas de A Guarda

Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h

                 24, de 11:30h A 14:30h

MÉRCORES 22 DE DECEMBRO

18:00h Casa dos Alonso

Obradoiro de Canto Moderno

Canta con voz Propia

Para todos os públicos (entrada libre)

XOVES 23 DE DECEMBRO

De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente

“GADALKA” a cargo do Mago Dani

Espectáculo de maxia individualizada por familias

MARTES 28 DE DECEMBRO

18:00h Centro Cultural

“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións

Reserva de entradas  en eventbrite.es

MÉRCORES 29 DE DECEMBRO

20:30h Centro Cultural

“Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical de A Guarda

XOVES 30 DE DECEMBRO

18:00h Centro Cultural

TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres

Reserva de entradas en eventbrite.es

VENRES 31

13:00h Pasacalles polo centro da vila

O Apalpador chega á Guarda

Organiza: Deputación de Pontevedra

DO 3 AO 5 DE XANEIRO

CARTEIROS DO NADAL polas rúas de A Guarda

Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.

                 5, de 11:30h. A 14:30h.

MARTES 4 DE XANEIRO

17:30h Alameda

CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación

Espectáculo de rúa con animais xigantes

MÉRCORES 5 DE XANEIRO

12:00h Pavillón Municipal da Sangriña

Partido Benéfico de Balonmán entre o Atlético Guardés e o BM Porriño

Recollida solidaria de alimentos non perecedoiros

Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.

Ligazón para inscrición de eventos en eventbrite.es:

https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503 

Ningún comentario:

Publicar un comentario