VETERANOS ARTILLEIROS DE CABO SILLEIRO CELEBRARON SÚA CEA ANUAL
· Foi na vila condal de Gondomar
Ricardo Rodríguez Vicente / Val Miñor
Dous anos despois da edición precedente, celebrada en outubro de 2019, unha representación dos veteranos artilleiros da Batería de costa J-4, de Cabo Silleiro, procedentes do Val do Fragoso, Vigo, Val Miñor e Baixo Miño, voltaron a reunirse no restaurante Expo, de Gondomar. Ata alí foron, unha vez máis, acreditando que o virus coroado non puido con eles. E para celebralo deron conta de entrantes variados e logo saborosos peixes do noso mar e carnes do mellor gando do noso país, regado con mesura con tinto do país e outras bebidas habituais nestes casos, segundo as preferencias dos comensais.
Sobremesas variadas, cafés, infusións, dixestivos,..., deron paso ao mellor do evento: A conversa amigable e sen presa, entre veteranos compañeiros dunha etapa vital que forma parte da bagaxe persoal de cada un deles, correspondente a unha época - mediados dos anos 70 do pasado milenio -, na que o servizo militar era obrigatorio para á maioría da poboación masculina deste país, agás contadas excepcións.
En calquer caso, desa época vivida, queda á lembranza da camaradería e da amizade que cáseque medio século despois continúan totalmente vixentes, como novamente quedou de manifesto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario