A Alcaldesa de Oia di en sesión plenaria que o Faro Silleiro actualmente pertence a Baiona
Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / Oia
No pleno extraordinario solicitado polo PSdG-PSOE de Oia para debater sobre a tramitación do expediente de deslinde entre o Concello de Oia e o de Baiona, dado que despois de tres anos non tivemos novidades do expediente nin da comisión que no pleno do 29 de Novembro de 2018 se acordou crear para este fin, mirámonos desagradablemente sorprendidos ao ser comunicados por parte da Alcaldesa que o Faro Silleiro pertence actualmente a Baiona, tal e como así o manifestou neste pleno.
Igualmente comunicóusenos por parte da Alcaldesa que se tiña contratado a un avogado para que estudiase o tema, polo cal, ante esta información o portavoz municipal do grupo socialista solicitou por rexistro de entrada información sobre a contratación de dito avogado, sendo a resposta, para a nosa sorpresa, que non existe documentación ningunha ao respecto no Concello de Oia sobre ese tema.
Obviamente non queremos pensar que a Alcaldesa haxa querido ocultar o seu nulo interese pola propiedade de dito Faro coa desculpa do estudio por parte do suposto avogado polo que no vindeiro pleno esta será unha das preguntas que se lle farán sobre este tema á Alcaldesa por parte dos portavoces do Grupo Municipal Socialista.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario