3 de nov. de 2021

O ROSAL

O Concello equipa o pavillón do Rosal cunha nova grada supletoria   

O Acanor Novás Valinox e o Goberno local van convertela nun espazo de animación para a canteira do club  


Seareiros do Novás Acanor Valiñox de balonmán no pavillon municipal do Rosal
Fotos: C.O. R.
O pavillón do Rosal conta cunha nova grada supletoria


Infogauda / O Rosal

 O pavillón do Rosal conta cunha nova grada supletoria que, situada nun dos fondos, aumenta o aforo do edificio municipal. O Concello adquiriuna a través do Plan Concellos 2020 e axudará a encher aínda máis un pavillón que cada fin de semana ten moita afluencia. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que “a grada era unha necesidade despois do éxito da campaña da socios do Novás”, xa contan con máis de 600 integrantes.  

 A alcaldesa explica que xunto ao Acanor Novás Valinox converterán a nova adquisición nunha “grada de animación” pensada especialmente para a canteira do club. “Así poderán vivir xuntos os partidos da División de Honra Prata de balonmán e identificarse aínda máis co club”, explican dende o Novás.  

 Para dar un pulo á imaxe e a creación desta grada de animación puxeron en marcha un concurso para dar nome ao espazo entre os integrantes das categorías inferiores. Os rapaces e rapazas que participen deben facer unha proposta de nome ata o día 5 de novembro e o día 12, a través dunha votación nas redes sociais, coñecerase o gañador, que será premiado cun vale de 50 euros para gastar en Hummel. 

 “Con esta iniciativa queremos facer que a mocidade do Rosal poida desfrutar ao máximo do Novás e do noso balonmán a pé de campo”, destaca a alcaldesa. No club súmanse a mensaxe da rexedora e animan as familias a vestir aos seus fillos e fillas con roupa do equipo para tinguir o Pavillón Municipal de vermello. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario