3 de nov. de 2021

A GUARDA

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, vai presentar o libro “Tempo de Alfombras” 

 Este venres día 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural da vila 

• A presentación contará coa asistencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba




 Infogauda / A Gurda

 Promovido dende a Asociación Cultural Alfombras da Guarda en colaboración co Concello da Guarda - que  no ano 2020 outorgou unha subvención por importe de 5.626,50€ a este colectivo para a realización desta publicación -, este venres día 5 de novembro de 2021, ás 20:00 horas, o Centro Cultural acollerá a presentación do libro “Tempo de Alfombras”.    

 O acto contará coa presencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a presidenta da Asociación Cultural Alfombras da Guarda, Mili Baz Vicente, e será presentado por Hermelindo Martínez González, contando cunha actuación musical.  

 Debido ao protocolo Covid-19, o aforo é limitado, polo que desde a Asociación Cultural Alfombras da Guarda pregan que ás persoas que desexen asistir, o comuniquen ao teléfono WhatsApp no número 679 115 462, en horario de 15:30 a 20:30 horas.

 Nas páxinas de “Tempo de Alfombras” recóllese a historia deste colectivo, as súas vivencias e traballos realizados, nos que participa unha ampla representación da cidadanía guardesa, nunha actividade totalmente altruista que atrae a numerosos visitantes na conmemoración do Corpus Christi.  

 Podemos decir que o contido da publicación arrecende a pétalos pousados con mimo polas veciñas e veciños, nas pedras da praza do Reló e de Ignacio Sobrino, e tamén das rúas Oliva, Hernán Cortes, Malteses, así como no varadoiro da Ribeira, e no pavimento mixto da rúa Concepción Arenal.

 Persoas de aquí e acolá, de todas as edades, que, pétalo a pétalo, piona a piona, ..., deixan gravado para sempre seu paso polo camiño da vida.  

 Ademais de seren unha tradicional ofrenda ao Santísimo Sacramento, as alfombras florais de A Guarda contan cunha longa tradición e  tamén son un fermoso patrimonio inmaterial que compre conservar vivo no noso pobo. 

 Son tamén, motivo de satisfacción para toda á veciñanza guardesa, e un atractivo turístico para milleiros de persoas que ano a ano visitan a nosa vila para contemplar unhas obras de arte efémeras realizadas ao longo dunha longa noite. En todo caso, ese é o corolario dun labor que comeza meses atrás -as veces, mesmo desde pouco despois do remate da edición precedente -, coa recolección dos diferentes materiais - en diferentes épocas do ciclo anual - que se empregan para a súa confección. 

 É un traballo feito en harmonía, cunha destacada participación feminina - ainda que tamén hai homes e nenos que traballan nas alfombras de flores e de sal -, no que cada persoa aporta todo o tempo que voluntariamente pode, como se verifica en numerosas bodegas e baixos de edificios e vivendas. Son lugares onde se congregan moitas persoas para traballar tarde tras tardem noite tras noite, xornada tras xornada, ata altas horas da noite, para que, cando chega o Día do Santísimo, data tan especial e emotiva, as alfombras florais de A Guarda enchan de cores as rúas da nosa vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario