NURIA VÁZQUEZ VAI SUBSTITUÍR COMO CONCELLEIRA DO BNG NA GUARDA A Mª BEGOÑA GONZÁLEZ
Tomará posesión do seu cárrego no pleno que se celebrará o vindeiro venres 26 de novembro
Infogauda / A Guarda
Segundo está previsto no 2º punto da orde do día, correspondente á sesión plenaria ordinaria que a Corporación Municipal celebrará o vindeiro venres 26 de novembro; Nuria Vázquez Rodríguez tomará posesión do seu cárrego de concelleira, do BNG na Guarda, substituíndo a Mª Begoña González González.
Mª Begoña González Martínez renunciara ao posto por razóns de índole persoal que lle impiden adicarlle o tempo necesario ao desempeño da súa actividade como concelleira.
Pola súa banda, Nuria Vázquez, diplomada en Educación Social, declarou: “Síntome ilusionada de asumir o cargo e procurarei dar o mellor de min mesma para contribuír xunto co resto de compañeiras e compañeiros do grupo municipal a traballar pola maioría dos guardeses e guardesas”.
Pola súa parte o portavoz municipal, Anxo Lois Baz Vicente, mostrou “o agradecemento a Begoña polo traballo desenvolto neste período” e considera que “a entrada de Nuria Vázquez neste momento, vai axudar a reforzar o traballo do grupo municipal do BNG”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario