16 de nov. de 2021

A GUARDA

Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca  

Co obxectivo de establecer as accións a desenvolver, en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda está a elaborar un Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca co obxectivo de establecer as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga.  

 Este proxecto estase a desenvolver ao abeiro dunhas axudas concedidas por Augas de Galicia destinadas á redacción deste tipo de plans.  

 "Para determinar as mellores solucións para cada escenario dende o Concello queremos solicitar a participación de todas as partes implicadas", indican desde o equipo de goberno local. "Esta participación se realizará de xeito telemático a través de dous talleres: un primeiro taller ao que se poderá acceder entre os días 18 e 21 de novembro e un segundo taller no que se poderá colaborar entre o 23 e o 25 de novembro". O acceso a estes talleres realizarase a través do sitio web: https://planemerxenciaseca.gal/a-guarda   

 As dúbidas e información adicional pódense remitir ao departamento de medio ambiente a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou chamando ao teléfono do Concello: 986 61 00 00. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario