21 de nov. de 2021

A GUARDA

"TEMPO DE ALFOMBRAS", UN LIBRO QUE PÓN EN VALOR ÁS ALFOMBRAS DO SANTÍSIMO, NA VILA DE A GUARDA

· Foi editado pola Asociación Cultural Alfombras da Guarda co apoio do concello guardés


Portada do libro “Tempo de alfombras”
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda   

 No Centro Cultural de A Guarda vén de ser presentado “Tempo de alfombras”, libro editado pola Asociación Cultural Alfombras da Guarda, co apoio crematístico do concello guardés.   

 Cunha portada a xeito de mosaico floral, da autoría de Hermelindo Martínez González, a publicación – impresa en offset en Artes Gráficas Prelo, de A Guarda – conta cun total de 208 páxinas.   

 No contido do libro “Tempo de alfombras” trátanse os seguintes temas:  

· As nosas alfombras florais, asinado por Antonio Lomba. Alcalde de A Guarda.  

· Tempo de alfombras, da autoría de Mili Baz, presidenta da Asociación Cultural Alfombras da Guarda.   

· Historia.   

 Que se celebra o “Dia do Corpus”; Que son e porqué se comezaron a elaborar as alfombras florais na Guarda?; Cal é o seu percorrido histórico na Guarda?; Cal é a súa importancia na Guarda?.   

· Publicacións: “El paso del Señor por La Marina” (La Voz del Tecla, 17 de xuño de 1911); “La víspera del Corpus”, asinado por Dodinac - seudónimo do crego D. Cándido Rodríguez Vicente- (La Voz del Tecla, 17 de xuño de 1911; “El Corpus en La Guardia”. Non consta á autoría dese artigo, publicado en La Voz del Tecla, 14 de xuño de 1914; programa de “Grandes festejos que en honor del Santísimo Corpus Christi y Santísimo sacramento se celebrarán los días 29 y 30 de mayo y 1 y 2 de junio de 1929 en la villa de La Guardia”; “Al correr de la pluma. La Guardia y su Fiestas”, de Teodosio, publicado en maio de 1919, probablemente no devandito programa de festexos, dadas as coincidencias nas características tipográficas dos textos; “Fiestas y romerías”, de Antolín Troncoso Vicente. Non consta onde foi publicado ese artigo. Intuimos que orixinalmente puido ser no libro-programa das Festas do Monte Santa Trega; Programa de Festas da Marina - Santísimo Sacramento, San Antonio e Virgen del Carmen - e programa relixioso, Os días 1,2,3,4,5,6,7 e 8 de Xuño de 1986; Cofradía del Santísimo Sacramento de la villa de La Guardia. Año 1684; “Devociones marineras”, artigo de Eliseo Alonso.  

· Elaboración.   

 A organización e o proceso: 1.- Esfollar o verde; 2.- Corte da flor; 3.- Marcado; 4.- Perfilado; 5.-Elboración; 6.- Últimos detalles.  

 Qué materiales de utilizan?  

· Alfombras (rúa Bernardo Alonso, praza do Reló, rúa Ignacio Sobrino, rúa Oliva con Hernán Cortés (tramo I), rúa Oliva con Hernán Cortés (tramo II),  rúa do Medio, rúa Malteses, A Ribeira, rúa Concepción Arenal (tramo I). Curva do Convento, rúa Concepción Arenal (tramo II),  rúa Concepción Arenal (tramo III), e rúa Brasilino Álvarez Sobrino).  

· Os altares   

Cantos realizados nos altares.  

· Outras alfombras (Alfombra conmemorativa da visita, en 1948 e entronización en 1959, da imaxe de Virxe de Fátima; Alfombra conmemorativa pola restauración da Sección guardesa da Adoración Nocturna, 1975; Inauguración da rúa Fernández Albor, na Guarda; Alfombra realizada na honra da Virxe do Carmen o día da súa celebración; Alfombra realizada para á Mostra de Nadal, 2018; Alfombra realizada para á mostra de Portugal; Alfombra realizada durante o obradoiro “Alfombras” ó abeiro da exposición fotográfica “Así somos”.    

 No contido de “Tempo de alfombras”, ademais de diferentes datos de cada un dos tramos alfombrados, indicando ano de comezo, superficie tapizada e outras información de interese; hai 145 fotos en b/n e a toda cor – á maioría delas -, nas cales queda documentada gráficamente noio soio á beleza cromática das alfombras de frores e de sal de A Guarda, senón ás imaxes de moitas persoas que ao longo dos anos estiveron traballando – e algunhas, afortunadamente ainda continúan facéndoo - para realizar esas obras de arte efémera. Nos diferentes grupos de traballo de cada tramo de rúa alfombrada, quedan as lembranzas de todas e cada unha daquelas persoas que adicaron seu tempo de lecer para achegar seu traballo, e que por circunstancias da vida, xa non están connosco. Onde queira que estén, súa luz continuará alumeando o camiño das mulleres e homes que manteñen viva á tradición alfombrista na honra do Santísimo na vila de A Guarda.   

 Ademáis de constituir unha nova achega á bibliografía de A Guarda, “Tempo de alfombras” contribúe a poñer en valor – ainda máis, se cabe –, un dos fitos culturais da nosa comunidade veciñal. Un traballo colectivo que comeza meses antes da celebración do Día do Señor, e no que veciñas e veciños, mulleres, homes e nenas/os, aportan seu tempo e paciencia, para logo, chegado a festividade do Santísimo, desfrutar como guardeses e visitantes, aplauden á beleza das alfombras de flores e de sal do noso pobo.   

 “(…) Esta manifestación artística, realizada principalmente con flores, forma parte a día de hoxe do noso patrimonio inmaterial. Constitúe xa un costume fondamente arraigado na sociedade. Non en balde, cada ano, dende fai moitos, veciños e veciñas de todas as idades participan da intensa actividade, todo un cerimonial, que durante ás semanas precedentes se desenvolve para termos, na noite das alfiombras, todo disposto. 

 Logo chega esa noite máxica na que as rúas se enchen de xentes, unhas a formar parte das que tecen coloridos tapices cos delicados pétalos, e outras que, a modo de homenaxe, seguen o percorrido a admirar as fermosas creacións que van tomando forma.   

 Non sobra ningunha man, ningunha vontade, toda axuda é benvida. Cada ano vivimos con inquietude como o inexorable paso do tempo nos priva de compañeiros e compañeiras de fatigas e a dificultade de atopar relevo para eles. Cada ano inquiétanos tamén certo temor a que un día non haxa máns ou vontades suficientes para as nosas alfombras, pero cada ano seguimos adiante. Temos que seguier adiante. Porque as nosas alfombras florais só son posibles coa participación de moitas e moitos, coa participación dun pobo”. Dese xeito, e como Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, alenta á veciñanza a manter viva á tradición alfombrista da nosa vila.   

 Pola súa banda, Mili Baz, presidenta da Asociación Cultural Alfombras da Guarda, afirma: “(…) No ano 2016 nacía a Asociación Cultural Alfombras da Guarda co fin de promover e defender a tradición das alfombras florais do Corpus e de asegurar a súa continuidade no futuro. Con este obxectiovo no noso horizonte realizamos durante este tempo numerosas actividades, entre elas a exposición “Alfombras florais da Guarda” en xuño de 201: un percorrido pola historia do alfombrismo guardés. Durante a preparación desta exposición, púidose recoller gran cantidade de información que cremos de gran valor e recompilamos nesta publicación que agora vos presentamos.   

 Desde a directiva da asociación queremos agradecer a todos os que naquel momento contribuiron á realización da devandita exposición e que por tanto, están a facelo de novo agora. Concello, veciños, alfombristas, empresas privadas e asociacións que facilitaron material, tanto gráfico como testemuñal e histórico, sen o cal non sería posible esta publicación. Queremos dar as grazas ao Concello da Guarda polo seu apoio institucional; a Antonio Martínez Interiorismo polo seu esforzo, profesionalidade e implicación no noso proxecto; a Tamara Baz polo seu labor gráfico; a Asociación InfoMAXE e Páxinas da Guarda por contribuir a manter vivos os recordos e traballo de tantas persoas; a Joaquín Miguel Villa polo seu labor en prol da divulgación da historia do pobo guardés, a José Antonio Uris Guisantes, a Celso Fariñas, a Antonio Martínez, a Jesús Villadóniga, a Alicia Alonso, a Imprenta Prelo, a Foto Verano e a Foto París pola súa colaboración. Non queremos esquecernos de todos aqueles veciños que achegaron fotografías e testemuños de gran importancia para este libro como son Manuel González, Maite Lomba, Carmen Alonso Riego, Emilio Baz, Hermelindo Martínez, Rodrigo Fernández Estévez, Elena Baz Rodríguez, Mª Teresa González Rodríguez, Ángela Martínez Vicente, Carmen Baz Vicente, Antonio Cordero, Manuela Lomba, Angelita Martínez Rodríguez, Carla Vizoso, Raúl Proba, e, por último, o agradecemento especial aos e as alfombristas que con gran entusiasmo acolleron o noso proxecto e sen os cales noso labor como asociación carecería de valor.   

 Antes de convidarvos a dar un paseo polo alfombrismo da Guarda, queremos ter unha mención especial para as alfombristas veteranas. As que plantaron a semente do alfombrismo, as que non escatimaron en esforzo cando apenas había medios, as que que souberon mostrarnos o camino e non cesaron  no seu empeño, as que puxeron a súa experiencia ao servizo dos que fomos chegando despois e, sobre todo, as que xamais permitiron que as nosas rúas deixasen de lucir no Corpus. Sen elas nada do que hai aquí e do que está por vir sería posible. Grazas de todo corazón”.

 En definitiva, “Tempo de alfombras” é un libro que pón en valor as alfombras do Santísimo, na vila de A Guarda. Unha publicación que documenta para sempre ese patrimonio cultural inmaterial, do cal á cidadanía guardesa pode sentirse ben orgullosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario