11 de nov. de 2021

A GUARDA

O BNG ANIMA A VECIÑANZA DA GUARDA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN  EN DEFENSA DA  SANIDADE PÚBLICA  

“O PP pretende recortar  2 millóns de € na Atención primaria nos orzamentos de 2022 con respecto ao 2020”  


Vista da cidadanía que participou na vila de A Guarda, na mobilización  en defensa da sanidade pública 

BNG / A Guarda

 O BNG participará na manifestación a favor da sanidade pública convocada por SOS Sanidade que terá lugar este domingo 14 ás 12:00 da mañá en Compostela e fai un chamamento a toda a veciñanza da Guarda a unirse a este mobilización.  

 Perante a grave situación que esta a sufrir o centro de saúde da Guarda pola falta de profesionais ao igual que outros centros do resto do pais, a resposta debe ser clara e masiva. Este domingo temos a oportunidade de visibilizar o descontento xeral con esta situación.  

 O  BNG considera moi necesaria esta mobilización para poñer freo as políticas do PP de desmantelamento da Atención Primaria, e deixarlles claro  que non nos van tapar a boca  con propaganda   e anuncios de última hora, senón que é preciso acometer medidas estruturais, como ven defendendo o BNG, que pasan por garantir a atención presencial e que esta non se demore, e por incrementar o número de profesionais en todas as categorías.  

 Na proposta de orzamentos para o ano 2022 o PP lonxe de incrementar os orzamentos para Atención Primaria recórtaos  en 2 millóns de € a respecto do ano 2020 e 47 millóns de € menos que no  2009. Cando máis necesaria é unha aposta clara pola Atención Primaria para sacala do colapso no que está, o orzamento para o próximo ano aínda é máis baixo. Simplemente non podemos consentilo.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario