Unha unidade móbil para a inspección de sulfatadoras estará no Rosal os días 23 e 24 de novembro
As persoas interesadas poderán reservar cita chamando aos teléfonos 981 792 519 / 647 688 261
Infogauda / O Rosal
Unha unidade móbil ITEAF (Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de productos Fitosanitarios), estará no Rosal, na explanada do aparcamento do pavillón municipal, os días 23 e 24 de novembro para realizar inspeccións de sulfatadoras. O horario será de 09.00 a 20.00 horas e as persoas interesadas deben reservar cita chamando ao teléfono 981 792 519 ou ao 647688261. Tamén poden contactar coa Cooperativa Porta do Río Miño ou con Talleres Cunchada.
Esta inspección é obrigatoria para todas as sulfatadoras de máis de 100 litros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario