30 de out. de 2021

A GUARDA

FP DUAL EN LIMPEZA  

FORMACIÓN E EMPREGO PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE INTELECTUAL

Dispoñemos dunha praza vacante para alumnado-traballador




Feliciano Valcárcel Portela* / A Guarda

 A Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda, a través do seu Centro Especial de Emprego San Jerónimo Emiliani, S.L. ten en marcha un proxecto de Formación Dual para persoas con diversidade intelectual, que permite formar, capacitar profesionalmente e ofrecer unha oportunidade laboral ao colectivo para o que traballamos día a día. 

 O devandito Programa de Formación Dual que estamos implementando permite que as persoas con diversidade intelectual se formen durante 3 anos, compaxinando a súa formación cun contrato de traballo para a formación e a aprendizaxe dende o primeiro día. A Formación Dual prevé un conxunto de accións ou iniciativas formativas mixtas de emprego e formación, que teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas traballadoras con diversidade intelectual, nun réxime de alternancia da actividade laboral no Centro Especial de Emprego coa actividade formativa recibida no marco do Sistema de formación profesional para o emprego. 

 Este proxecto de Formación Dual nos permite formar e capacitar profesionalmente a 10 persoas con diversidade intelectual (grao igual ou superior ao 33%), durante 3 anos, para que poidan acadar, coas adaptacións curriculares oportunas, un Certificado de profesionalidad en "Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais", á vez que desenvolven unha actividade profesional remunerada, cun contrato de formación e aprendizaxe no Centro Especial de Emprego, de 3 anos de duración. 

  A finalidade última do proxecto é que, unha vez formadas, profesionalizadas e en posesión da titulación reglada acadada, as persoas con diversidade intelectual participantes estén plenamente capacitadas para acceder a un emprego na empresa ordinaria, fin último da nosa razón de ser. 

  O proxecto comezou a finais de 2019, neste momento aínda temos un ano e medio de proxecto por diante, e dispoñemos dunha praza vacante para alumnado-traballador. 

 Por este motivo, solicitamos a vosa colaboración para axudarnos a identificar a persoas con diversidade intelectual que poidan beneficiarse desta grande oportunidad, pioneira en Galicia, a acceder como alumno/alumna-traballadora ao noso proxecto. 

 Agradecemos a maior difusión posible da vacante, e que lles facilitedes os nosos datos de contacto ás persoas con diversidade intelectual que teñan interés en participar como alumno/a-traballador/a, para que se poñan en contacto con nós: Teléfono: 656 565 630. // eva.bouzas@sanxerome.com 

 Precisamos cubrir a praza vacante coa maior brevidade posible, para que a persoa que se incorpore perda o menor número de horas formativas que lle proporcionará acceso á titulación.

Administrador CEE San Jerónimo Emiliani.

Ningún comentario:

Publicar un comentario