A Guarda acolle ata o 12 de setembro o 90º Rally Internacional da FICC 2021
• Cada ano a Federación Internacional de Caravaning Autocaravaning (FICC) organiza un encontro coas federacións de cada pais, alternando o lugar de celebración.
Infogauda / A Guarda
En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuso celebrar no Concello de A Guarda, o 90º Rally Internacional da FICC 2021 que terá lugar desde este venres día 3 ao domingo día 12 de setembro, no Camping Santa Tecla, de Salcidos (A Guarda).
A Federación Española de Clubs Campistas (FECC) xa organizou con éxito, no Camping Santa Tecla a 60ª Acampada Nacional dos Clubes Campistas e Caravanistas celebrada en 2018,
A pesar das dificultades, como consecuencia da situación sanitaria, no 90º Rally Internacional da FICC 2021 participan unhas 200 persoas procedentes de España e de 14 paises como Portugal, Francia, Suecia, Polonia, Eslovaquia, entre outros europeos, destacando aos participantes chegados dende Corea.
Durante estes días de convivencia, os participantes poderán desfrutar de degustacións, demostracións de produtos locais, actuacións musicais e tamén de excursións ao Monte Santa Trega e roteiros pola desembocadura do río Miño.
Entre as actividades programadas, o domingo día 5 de setembro terá lugar a inauguración oficial do 90º Rally Internacional, coa presenza das autoridades e os representantes das federacións de cada país asistentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario