17 de set. de 2021

TURISMO

Máis de 2.000 persoas desfrutaron das visitas guiadas ao Monte Santa Trega

Realizadas entre o 17 de xuño e o pasado 12 de setembro


Un dos monitores das visitas guiadas ao Monte Santa Trega
O monitor realizando seu labor nunha das visitas guiadas ao conxunto arqueolóxico do Monte Santa Trega


Infogauda / A Guarda  

 Un total de 2.030 persoas desfrutaron da visita guiada no Monte Santa Trega, sendo o agosto o mes no que se completaron case todas as citas, xa que o tempo tan inestable afectou a ofertas desas actividades realizadas ao aire libre.   

 As visitas guiadas comezaron o 17 de xuño e remataron o pasado 12 de setembro, polo que ao longo dos case tres meses de verán os visitantes achegados ao Monte Santa Trega puideron coñecer en detalle o noso patrimonio.  

 Estas visitas realizáronse seguindo as restricións do aforo con 20 persoas máximo en cada cita. Este número reducido facilitou o desprazamento polo Castro do Monte Santa Trega e, incluso, que as explicacións e atención fose persoal.  

 Este servizo segue a ser moi demandando debido ao interese da zona arqueolóxica xa que moitos dos visitantes descoñecen a súa importancia dentro da Cultura Castrexa. 

 Ante a demanda e o número reducido dos grupos este verán aumentouse un día máis, sendo a oferta de visitas guiadas aos visitantes de xoves a domingo. Nesta mesma liña, ofertáronse visitas guiadas curtas de 45 minutos con 6 citas ao día, 3 de mañá e 3 de tarde, sendo a máis solicitada as visitas da mañá.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario