23 de set. de 2021

ECONOMÍA

ABANCA e as confrarías do sur de Galicia fixan como prioridades o acceso ao crédito e o impulso aos proxectos sostibles 

A entidade financeira convocou por sexto ano consecutivo aos principais pósitos do sur da provincia a unha sesión de traballo na que abordar os retos do sector 

ABANCA redobra o seu compromiso co colectivo, activa novas liñas de financiamento a curto prazo e adapta a súa oferta para facilitar a renovación da frota 

As confrarías céntranse no reto do cambio xeracional, o alcance da pandemia e ou a escaseza de cota da pesca tradicional 


O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, foron os encargados de conducir unha reunión que tamén serviu para renovar o acordo de colaboración que une o banco cos diferentes pósitos

Infogauda / Vigo

 ABANCA volve unir forzas coas principais confrarías do sur de Galicia e aborda os retos estratéxicos deste sector na ría de Vigo. Estas son as principais conclusións da reunión de coordinación que tivo lugar na sede institucional do banco en Vigo e á que asistiron representantes dos principais pósitos do sur da provincia de Pontevedra. Por sexto ano consecutivo, a entidade financeira organizou este foro de traballo, que nesta edición reduciuse tanto en asistentes como en duración debido aos efectos da pandemia.  

 O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, foron os encargados de conducir unha reunión que tamén serviu para renovar o acordo de colaboración que une o banco cos diferentes pósitos.  




 Con esta reunión, o banco quixo precisamente establecer un diálogo directo co grupo e propoñer solucións a través do seu catálogo sectorial. Trátase dunha proposta de crédito única no sector, grazas á súa unidade especializada ABANCA Mar, que se adapta continuamente ás necesidades dos profesionais e empresas do mar. Entre as alternativas xa dispoñibles, destacan as opcións a medida para o financiamento do circulante, os préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos por gasóleo ou dereitos de pesca; os anticipos de subvencións ou pagamento de impostos, e tamén outros produtos e servizos como leasing mobiliario, avais ou seguros, entre outros produtos.  

Retos actuais e estratéxicos 

 Máis alá da sinatura dos diferentes convenios de colaboración que unen a ABANCA e os pósitos e que garanten un acceso rápido ás mellores alternativas de crédito, a reunión serviu para promover as liñas estratéxicas de traballo do sector. Un dos puntos clave foi a renovación da frota e o compromiso coa sostibilidade. O banco presentou a súa oferta de crédito adaptada, que se articula principalmente a través da hipoteca naval ou préstamos a tipo fixo, para facilitar a construción de novas embarcacións ou a renovación das actuais.  

 Todo isto sen esquecer o escenario que se abre despois da irrupción da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 e o seu posterior impacto na economía. Os representantes das confrarías mostráronse moi preocupados polos efectos da pandemia na actividade do sector, pero tamén polo cambio de hábitos dos consumidores.  

 Este sexto encontro especializado tamén serviu para tratar outros temas relevantes para o colectivo como o cambio xeracional ou o escaseza de cotas para a pesca tradicional. O banco puxo en valor a experiencia e especialización da súa unidade ABANCA Mar para dar resposta a moitos destes interrogantes e para seguir atopando solucións a estes retos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario