4 de set. de 2021

A GUARDA

Últimas prazas para unha xornada de observación de estrelas 

As inscricións comezan o luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986 614 546 ou presencialmente na Oficina de Turismo. 

Terá lugar o venres 10 de setembro ás 22:00h na área recreativa do Puntal cun total de 17 prazas dispoñibles.  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través do Departamento de Turismo, organizou este verán a actividade “Venres de xullo baixo as estrelas”, para a observación do firmamento. Unha das citas programadas tivo que ser anulada debido á climatoloxía e realizarase finalmente o vindeiro venres día 10 de setembro ás 22:00 horas, na área recreativa do Puntal (Camposancos).  

 As prazas para a esta actividade contan con 17 vacantes e as inscricións abriranse o luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986 614 546 ou presencialmente na Oficina de Turismo, sita na Praza do Reló.  

 As persoas participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no de noite guiándose por algunhas estrelas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario