22 de set. de 2021

A GUARDA

A Guarda vai conmemorar o Día Mundial do Turismo con visitas guiadas especiais ao castro do Monte Santa Trega  

• Serán gratuítas e con inscrición previa, e terán lugar o sábado día 25 e o domingo día 26 de setembro, con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h.  




Infogauda / A Guarda

 O luns día 27 de setembro celébrase o Día Mundial de Turismo e a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda aposta novamente polas visitas guiadas para conmemorar esta cita. Despois dun verán con visitas guiadas no Monte Santa Trega vólvese a ofertar este servizo pero nesta ocasión centrado nas áreas escavadas dende o norte ao sur. 

 Para ofrecer unha visión máis ampla da zona descuberta vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, coñecendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos 100 anos, así como as vivendas reconstruídas, o poboado Mergelina, o concheiro,... 

 Estas visitas especiais terán lugar o sábado día 25 e o domingo día 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h. 

 As prazas están limitadas polo que precisan de inscrición previa no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), chamando ao teléfono 690 017 038 (tamén WhapsApp) ou enviando un correo electrónico a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aquelas persoas que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público. 

 A duración aproximada é 60 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do poboado castrexo escavado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario