22 de set. de 2021

A GUARDA

Ler Conta Moito trae á Biblioteca Pública Municipal Entre o caravel e a rosa - Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán”  

• Trátase de contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, terá lugar o venres día 1 de outubro ás 20:30h no salón de actos do Centro Cultural  da vila

• Inscricións en aguarda.rbgalicia@eidolocal.es 

 



Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda organiza o vindeiro venres día 1 de outubro ás 20:30h o espectáculo de animación á lectura para adultos, “Entre o caravel e a rosa - Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán”, de Soledad Felloza, enmarcado no programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de A Guarda.  

 "Entre o caravel e a rosa, mala nai, mala esposa Emilia Pardo Bazán". Así cantaban as coplas no Madrid que veu a dona Emilia loitar por un lugar no Ateneo, nas tertulias, na Biblioteca Nacional. Neste espectáculo contaremos historias que amosan a esencia solidaria, dunha das máis grandes mulleres da literatura universal co gallo da celebración do seu centenario. 


Soledad Felloza 
 

 Soledad Felloza é actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia. 

 Autora de varias publicacións infantís como A Cociñeira do rei (OQO, 2015) Premio Europeo de Narración Oral ao Mellor conto para nenas e nenos. Traducido ao portugués, polaco, e linguas oficias de España. La Vuelta al mundo (La Fragatina, 2017) Castelán e tradución ao italiano. Columnista invitada en diferentes publicacións literarias e de teatro: Tantágora, Aedo, Clij, Primer Acto

 Soledad Felloza ten grande experiencia na docencia, práctica da narración oral e campañas de animación á lectura en bibliotecas. 

 Participa desde o ano 2002 no Circuíto de Artes Escénicas de Aragón, Navarra, Castela A Mancha e Málaga, con Festivais de Narración Oral de América Latina e Europa. 

 O seu labor fíxoa merecedora de varios premios en diversos eidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario